Torre Europa
A Torre Europa é un rañaceos da cidade de Madrid, o sétimo máis alto da capital española con 121 metros de altura. Ten 30 plantas e alberga oficinas de diferentes empresas. Atópase no complexo empresarial do AZCA, máis concretamente na esquina da Avenida do General Perón co Paseo de la Castellana.
Torre Europa | ||||
---|---|---|---|---|
Torre Europa | ||||
Tipo | rañaceos ![]() | |||
Epónimo | Europa ![]() | |||
Estilo | Estilo Internacional ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Rúa | Paseo da Castellana e Avenida del General Perón (pt) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1985 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 120 m ![]() | |||
Pisos sobre o solo | 30 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Miguel de Oriol e Ybarra ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Foi construído en 1985 polo arquitecto Miguel Oriol e Ybarra. Durante os fins de semana, convértese nunha zona destacable de lecer, debido aos restaurantes que abren as súas portas nos niveis inferiores.
O 5 de outubro de 1990 sufriu un incendio na súa planta 29, sen graves consecuencias. O 1 de maio de 2002 a banda terrorista ETA atentou contra o edificio con 20 kg dun potente explosivo, aínda que só destruíu algunhas fiestras.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre Europa |