Toril Moi

académica norueguesa

Toril Moi, nada en Farsund o 28 de novembro de 1953,[1] é unha profesora norueguesa de literatura e estudos romances, profesora de inglés, filosofía e teatro na Universidade Duke. Moi é tamén directora do centro de filosofía, arte e literatura de Duke.

Infotaula de personaToril Moi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Farsund, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Bergen Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , historiadora da literatura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Duke (pt) Traducir
Universidade de Bergen
Biblioteca Nacional da Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua norueguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtorilmoi.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Asistiu á Universidade de Bergen. Previamente, foi lectora de francés na Universidade de Oxford e foi directora do centro para a investigación feminista da Universidade de Bergen, en Noruega. Viviu en Oxford, dende 1979 até 1989. No presente vive en Carolina do Norte. Traballa na teoría feminista e nos escritos das mulleres "atopando maneiras de ler a literatura coa filosofía e a filosofía coa literatura sen reducir a unha á outra."

En 2002 foi galardoada co honoris causa pola Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía.[2] En 1998 gañou o premio de Mestre do Ano da Universidade Duke, e en 2008 gañou o Premio de Excelencia na titoría de estudantes de posgrao.

É membro da Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.[3]

Notas editar

  1. Store norske leksikon (ed.). "Toril Moi" (en noruegués). Consultado o 4 de abril de 2017. 
  2. Norwegian University of Science and Technology (ed.). "Honorary doctors at NTNU" (en inglés). 
  3. Norwegian Academy of Science and Letters (ed.). "Gruppe 4: Litteraturvitenskap" (en noruegués). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 25 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar