Toni Nakić

Xogador de baloncesto croata

Toni Nakić, nado o 1 de xuño de 1999 en Šibenik, é un xogador croata de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do GKK Šibenka, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,00 m, xoga nas posicións de ala e ala-pivote.[2] Na temporada 2021−22 foi o MVP das Finais da HT Premijer liga, máxima categoría do baloncesto croata.

Toni Nakić
Río Breogán  – No. 99
Información persoal
Nacemento 1 de xuño de 1999 (24 anos)
Croacia Šibenik, Croacia
Altura 2,00 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Internacional Croacia Croacia
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
GKK Šibenka (2014–2020)
Cibona Zagreb (2020−2022)
Río Breogán (2022− )

Traxectoria editar

Nado en Šibenik, Nakić comezou a xogar desde os 14 anos no principal equipo da súa cidade natal, o GKK Šibenka. a xogar ao baloncesto. No Šibenka destacou nas temporadas 2018−19 e 2019−20, onde promediou preto de 16 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias por encontro. O seu rendemento levouno a asinar en 2020 polo Cibona Zagreb, equipo onde xogou tanto na liga doméstica como na Liga ABA. Co equipo da capital croata conseguiu o título de liga en 2022, onde achegou 8 puntos e 3 rebotes por encontro cunha porcentaxe en lanzamentos de tres do 43,5%, sendo ademais nomeado mellor xogador das finais da liga. A nivel internacional xogou tanto para todas as categorías inferiores como para a selección absoluta de Croacia.

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Nakić ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Palmarés editar

  • Campión da Liga de Croacia (1): 2022
  • Campión da Copa de Croacia (1): 2022
  • MVP das Finais da Liga de Croacia (1): 2022
  • Medalla de Prata no Eurobasket 2018

Notas editar

  1. "Toni Nakic, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 5 de xullo de 2022. Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Toni Nakić, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar