Tomorrowland

A bandeira oficial de Tomorrowland

Tomorrowland é un festival de música electrónica celebrado anualmente en Boom (Bélxica). Está organizado por ID&T e calcúlase que cada ano acoden a el máis de 400.000 persoas.[1]

A primeira edición do festival celebrouse o 14 de agosto de 2005.[2] Actualmente, Tomorrowland é un dos festivais de música máis importantes do mundo.[3]

HistoriaEditar

O festival ten lugar na cidade de Boom, a 16 quilómetros ao sur de Antuerpen e a 32 quilómetros ao norte de Bruxelas. A primeira edición celebrouse en 2005 e nela actuaron Armin van Buuren, David Guetta e Coone entre outros.[4] Os escenarios atópanse rodeados dunha decoración que simula un conto de fadas. O festival en si, ofrece unha variedade de subxéneros dentro da música electrónica. Así mesmo, consta dun cámping nos arredores do recinto do festival, chamado DreamVille, para aqueles asistentes que desexen hospedarse o máis preto posible. Ademais, a entrada ao DreamVille inclúe o acceso a The Gathering, unha pre-festa ao festival realizada desde o mediodía do xoves até pasada a media noite e que adoita incluír a participación de DJs incluídos no cartel do fin de semana.

TomorrowWorldEditar

 
Tomorrowland no 2015.

O 18 de febreiro de 2013, os organizadores de Tomorrowland anunciaron que se realizaría un festival derivado chamado "TomorrowWorld" entre o 27 e o 29 de setembro de 2013. O 20 de marzo de 2013 anunciouse en Twitter a localización do festival: Chattahoochee Hills, Xeorxia, Estados Unidos.

Tomorrowland BrasilEditar

Foi anunciado a primeira semana do décimo aniversario de Tomorrowland e as entradas esgotáronse en tan só 10 minutos. A primeira edición levouse a cabo o 1-2-3 de maio de 2015 en Itu, São Paulo (Brasil) con ao redor de 360.000 visitantes. A segunda e última edición realizouse en 2016.


Unite with TomorrowlandEditar

En 2016 Tomorrowland organizou os eventos Unite with Tomorrowland en sete países, como eventos satélites con transmisións do festival en Bélxica, efectos sincronizados e con cabezas de cartel en persoa.[5] A edición de 2017 en Barcelona tivo que ser cancelada debido a un incendio.[6]


Premios e nomeamentosEditar

 
Zona de cámping
Ano Premio Categoría Traballo Resultado
2016 International Dance Music Awards Mellor Festival de Música[7] Tomorrowland - Boom, Bélxica Gañador
2013 International Dance Music Awards Mellor Festival de Música Tomorrowland - Boom, Bélxica Gañador
2014 International Dance Music Awards Mellor Festival de Música Tomorrowland - Boom, Bélxica Gañador
Ano Premio Categoría Traballo Resultado
2011 Red Bull Elektropedia Awards[8] Mellor Festival Tomorrowland Gañador
2012 Red Bull Elektropedia Awards Mellor Festival Tomorrowland Gañador
2013 Red Bull Elektropedia Awards Mellor Festival Tomorrowland Gañador

NotasEditar

  1. "ID&T homepage". id-t.be. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  2. "Tomorrowland 2005 (First Edition)". Youtube. 2012-09-15. Consultado o 2019-07-26. 
  3. "The Top 10 Music Festivals in the World". festivalfling.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 2019-07-26. 
  4. "Historia de Tomorrowland" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  5. "Tomorrowland headliner DJ Martin Solveig: 'Labels are for canned food, not for music'" (en inglés). 27 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  6. "Tomorrowland Unite Fire: 22,000 Attendees Evacuated at Barcelona Festival" (en inglés). 29 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  7. "30th Annual International Dance Music Awards - Winter Music Conference 2015 - WMC 2015". Winter Music Conference. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  8. "Red Bull Elektropedia". redbullelektropedia.be. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar