Tomelloso é unha cidade manchega, situada ao nordés da provincia de Cidade Real, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É o municipio con maior poboación da zona e o oitavo de Castela-A Mancha.

Modelo:Xeografía políticaTomelloso
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°09′28″N 3°01′15″O / 39.157777777778, -3.0208333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Cidade Real Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación36.304 (2023) Editar o valor en Wikidata (150,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie241,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude662 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataJavier Navarro Muelas (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal13700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico926 50, 926 53, 926 51 e 926 52 Editar o valor en Wikidata
Código INE13082 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtomelloso.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452806

Xeografía

editar
 
Igrexa da Asunción.

O seu termo desde a Idade Media áchase vinculado ós canellóns da Mesta, dentro de La Mancha de Vejezate. Este está ocupado por terreos áridos, con poucas árbores, onde se estenden sobre todo plantacións de vide, aínda que tamén cereal, oliveiral, e algúns cultivos de regadío.

Está situada no centro xeográfico da rexión natural de La Mancha, sendo a capital oficiosa da Mancha Alta. Limita ao norte con Pedro Muñoz e Arenales de San Gregorio, ao leste con Socuéllamos, ao sur con Argamasilla de Alba e Alhambra (Campo de Montiel) e ao oeste, con Campo de Criptana.

A grande extensión do casco urbano propiciou a extensión de numerosos barrios, como La Paloma, Maternidad, San Antonio-Canal, Matadero-Estación, El Carmen, El Pilar, San José, Nuevo Tomelloso, Moral-Parque Viejo e Doña Crisanta.

Patrimonio

editar
 
Posada de los Portales.

A pousada de Los Portales foi construída na segunda metade do século XVII para albergue dos viaxeiros, mantendo esta actividade até a década de 1960, cando foi adquirida polo concello. O edificio conserva a estrutura orixinal, cun portal sobre catro columnas toscanas e dous piares. Nos dous pisos ten balconadas corridas de madeira. Conserva a cociña primitiva cunha gran cheminea e moitos utensilios de época. Na actualidade alberga exposicións itinerantes.

A casa consistorial foi construída en 1904 e restaurada recentemente.

A igrexa da Asunción da Nosa Señora está xunto ao concello e a pousada de Los Portales. Data do século XVI, con reformas barrocas de principios do XVII. Ten tres naves e unha cúpula sen tambor. O retablo antigo en madeira policromada foi queimado en 1936 durante a Guerra Civil. O actual retablo é de 1940, en madeira policromada cunha talla da Asunción da Virxe.

Demografía

editar
Evolución demográfica
1575 1750 1900 1930 1950 1970 1996 1998 2002 2007 2008
400 3.000 13.929 25.896 30.072 26.094 29.586 29.255 31.503 35.637 37.532

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar