Tom Barman

Tom Barman (nado o 1 de xaneiro de 1972 en Antuerpen, Bélxica) é guitarrista e vocalista da banda belga dEUS. É tamén director de cine e dirixe os videoclips da banda.

Tom Barman
Tom Barman door Dirk Annemans.jpg
Nacemento1 de xaneiro de 1972 (50 anos)
OrixeAntuerpen, Bélxica Bélxica
Ocupaciónmúsico, compositor, director de cine
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado condEUS
Na rede
IMDB: nm0055307 Allocine: 97275 Allmovie: p375566
Spotify: 129ayExi2gDK49ilgXxqVO Last fm: Tom+Barman Musicbrainz: a9be8bc0-47a4-4a0b-af5f-feac18d3bc43 Songkick: 2396833 Discogs: 389116 Allmusic: mn0000605413 Deezer: 4445194 Editar o valor em Wikidata

BiografíaEditar

Barman estudou na escola de cine de St.-Lucas (Bruxelas) pero nunca rematou os estudos debido á súa outra paixón, a música, e preferiu comezar unha carreira musical coa súa banda dEUS, formada a principios dos anos 90. Con todo non abandonou de todo a súa experiencia co cine xa que dirixiu os vídeos musicais da banda e realizou unha curtamentraxe en 1996, titulada Turnpike. Tamén dirixiu vídeos para outros músicos belgas como Axelle Red e Hooverphonic.

No verán do 2001 comezou a rodar en Antuerpen a súa primeira longametraxe, Any Way the Wind Blows, estreada nas salas belgas no verán do 2003. En febreiro do 2004 editou The Body Gave You Everything, o álbum de estrea de Magnus, o seu proxecto orientado ao dance co produtor CJ Bolland.