Abrir o menú principal

Tomás Jesús Iribarren Fernández-Rogina, nado en Pontevedra o 16 de setembro de 1955, é un político galego.

Tomás Iribarren
Nacemento16 de setembro de 1955
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en dereito, foi tenente de alcalde do concello de Pontevedra. A raíz das eleccións galegas de 1989 foi escollido deputado no Parlamento de Galicia, escano que revalidou nos seguintes comicios. En outubro de 1996 foi designado presidente da autoridade portuaria de Marín-Pontevedra, logo de que Mariano Rajoy fose nomeado ministro de Administracións Públicas. No Parlamento foi substituído por María del Carmen Bastos. Ocupou o cargo no porto marinés ata 2003.

Presidente da Fundación Internacional Iberoamericana de Administración e Políticas Públicas, foi designado director xeral de Madrid Plataforma Logística, unha asociación público-privada de promoción industrial e de infraestruturas na Comunidade de Madrid. En 2012 dimitiu deste posto e adscribiuse á oficina de avogados Herbert Smith Free Hills[1].

Vida persoalEditar

É amigo persoal de Mariano Rajoy. É neto de Ramón Iribarren, enxeñeiro de portos vasco.

NotasEditar

  1. Qué es Panel Cívico Arquivado 12 de xuño de 2013 en Wayback Machine., web de Panel Cívico, consultada o 1 de abril de 2013.