Tomás Castellano y Villarroya

político español

Tomás Castellano y Villarroya, nado en Zaragoza o 5 de marzo de 1850 e finado en Madrid o 11 de xuño de 1906,[1] foi un político español, ministro de Ultramar durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e de Facenda durante o reinado de Afonso XIII. Destacouse pola súa estreita amizade con Antonio Cánovas del Castillo.[2][1]

Infotaula de personaTomás Castellano y Villarroya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1850 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1906 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Economía España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traxectoria económica editar

Licenciouse en Filosofía e Letras e conseguiu o doutoramento en Dereito na universidade de Zaragoza.[2] Moi novo comezou, en 1870, a traballar na banca da súa familia, Casa Villarroya-Castellano,[2] orixe do Banco de Aragón (creado en 1910) e tamén do Diario de Zaragoza. Tivo diversos cargos económicos: presidente do consello do Pantano de la Peña e do Pantano de Mezalocha, presidente do primeiro consello integrado pola liña ferroviaria Zaragoza-Canfranc, presidente da Sociedad General Azucarera de España.[3]

Traxectoria política editar

En 1880, comeza a intervir en política, afiliándose ao Partido Conservador;[1] estivo vencellado á bisbarra de Cinco Villas e foi membro da Deputación de Zaragoza de 1878 a 1879 por Ejea de los Caballeros e Borja (Zaragoza). Foi elixido ao Congreso por Zaragoza nas sucesivas eleccións parlamentarias de 1879,[4] 1881 (1.334 votos lugar),[5] en 1884 (1.626 votos, 1 º lugar),[5] en 1886 (1.492 votos, 2º lugar),[6] 1891 (9.938 votos, 1º lugar),[7] 1893 (7.664 votos),[8] 1896 (700412662000000000012.662 votos),[8] 1898 (700412774000000000012.774 votos ),[8] 1899 (8.801 votos),[8] 1901 (7.789 votos, 1ª lugar),[9] 1903 (6.848 votos, 2º lugar)[10] e 1905 (8.536 votos, lugar).[11]

Foi ministro de Ultramar, nos gobernos que presidiron sucesivamente a Antonio Cánovas del Castillo e Marcelo Azcárraga y Palmero entre o 23 de marzo de 1895 e o 4 de outubro de 1897,[12] durante os que tivo que marcar a estratexia no novo conflito en Cuba apoiando a estratexia de Weyler.[13] Tamén foi ministro de Facenda entre o 16 de decembro de 1904 e o 27 de xaneiro de 1905[14] nun gabinete presidido de novo por Azcárraga.

Tamén ocupou o cargo de presidente do Banco de España entre o 11 de decembro de 1903 e o 20 de decembro de 1904;[15] durante o seu mandato conseguiu reducir a masa monetaria cunha política antinflacionista.[16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (11 de xuño de 1906). "Don Tomás Castellano". Heraldo de Madrid (en castelán) (Madrid) (5.677): 1. ISSN 2171-0090. 
  2. 2,0 2,1 2,2 García Lasaosa (1977), p. 121
  3. Tomás Castellano Villarroya Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. a Gran Enciclopedia Aragonesa.
  4. García Lasaosa (1977), pp. 122-123
  5. 5,0 5,1 García Lasaosa (1977), p. 123
  6. García Lasaosa (1977), pp. 124-125
  7. García Lasaosa (1977), p. 127
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 García Lasaosa (1977), p. 129
  9. García Lasaosa (1977), pp. 130-132
  10. García Lasaosa (1977), p. 131
  11. García Lasaosa (1977), p. 132
  12. Urquijo (2008), p. 442
  13. García Lasaosa (1977), p. 133
  14. Urquijo (2008), p. 395
  15. García Lasaosa (1977), p. 135
  16. García Lasaosa (1977), p. 135

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Buenaventura Abárzuza Ferrer
 Ministerio de Ultramar
 
 
1895 - 1897
Sucesor:
Segismundo Moret
Predecesor:
José Sánchez Guerra Martínez
 Gobernador do Banco de España
 
 
decembro 1903 - decembro 1904
Sucesor:
Manuel Allendesalazar
Predecesor:
Guillermo Joaquín de Osma Scull
 Ministro de Facenda
 
 
1903 - 1904
Sucesor:
Antonio García Alix