Atol Toke

(Redirección desde «Toke»)
Toke
Atol Toke
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Toke
Linguas
Poboación (2002) Deshabitado
Superficie 0´57 km²
Superficie lagoa 93´14 km²
Nº de illas 6
Coordenadas 11°17′N 169°37′L / 11.283, -169.617
Maior Altura
Localización
Localización do atol Toke

Toke (tamén coñecido como Taka) é un pequeno atol deshabitado na rexión da cadea Ratik nas Illas Marshall. É un dos atois máis pequenos das Illas Marshall. Esta conformado por seis illas cunha superficie de terra firme de 0´57 km² e unha lagoa que posúe unha área de 93´1 quilómetros cadrados.

Aínda que o Atol Toke estea totalmente deshabitado, con regularidade é visitado polos habitantes do próximo atol Utirik, situado a 9 quilómetros ao sur.

Xeografía editar

O atol está a 160´93 km. ao norte do atol Majuro, a Capital das Illas Marshall, e a 10 km. ao suroeste de Utirik.

Características físicas editar

O atol é aproximadamente de forma triangular, a súa lonxitude e anchura de aproximadamente 9 km. O punto máis alto é de 15 pés. É o segundo máis pequeno das Illas Marshall, superando soamente ao atol Bikar. Entre os seus illotes, só Toke, Eluk e Lojrong son o suficientemente grandes como para ter vexetación permanente. Os outros illotes de area mostraron cambios considerables no tamaño e a localización a través dos anos. A auga subterránea do illote Toke é salobre, con niveis de cloruro de 440 a 840 ppm (fronte a 19.400 ppm para a auga de mar). Ten unha lagoa de pouca profundidade e un paso estreito a través do oeste do arrecife, Toke e o seu veciño Utirik son un tipo intermedio entre os atois de pouca profundidade, das lagoas de Bokak e Bikar, e as profundas lagoas e arrecifes de moitos dos atois centrais das Marshall.

Historia editar

Prehistoria editar

Aínda que os humanos emigraron ás Illas Marshall ao redor de fai 2000 anos, non parece que exista presenza humana permanente no atol. A falta de auga potable, e a pouca terra cultivable en comparación co próximo Utirik desalentou a ocupación. O atol foi tradicionalmente ocupado por breves períodos para a recolección de copra, peixes, tartarugas, cangrexos dos cocos, e outros recursos.

século XIX editar

Varios buques occidentais tocaron terra ou pasaron por Toke durante o 1800, pero non se obsevou ningún intento de colonización ou de establecemento de animais ou de cultivos, probablemente debido ao asentamento próximo de Utirik.

século 20 ao presente editar

As Illas Marshall engadíronse ao protectorado da Nova Guinea Alemá en 1906. Coa xustificación de que os atois deshabitados foron reclamados, os alemáns confiscaron Toke como propiedade do goberno, a pesar das protestas dos Iroji.

En 1914, o Imperio xaponés ocupou as Illas Marshall, e transferiu as propiedades do goberno alemán ás súas, incluíndo Toke. Do mesmo xeito que os alemáns antes que eles, a administración colonial xaponesa non tratou de explotar o atol, e o norte das Illas Marshall continuaron como zonas para cazar e pescar sen ser molestado. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, ata a independencia das Illas Marshall.

 
O patrón de choiva da Castle Bravo

O atol Toke estaba dentro da zona de contaminación radioactiva da proba nuclear Castle Bravo .

Ligazóns externas editar