Tok pisin
Lingua crioula de Papúa Nova Guinea
O tok pisin[1] é unha lingua crioula con base léxica inglesa falada en Papúa Nova Guinea. É unha das tres linguas oficiais do país sendo a máis empregada pola poboación. Porén, en partes das provincias Occidental, Gulf, Central, Oro e Milne Bay, o emprego do tok pisin e menos universal, especialmente entre a xente maior. Malia que a orixe da lingua é a dun pidgin para facilitar o comercio, o tok pisin converteuse nunha lingua diferente por dereito propio.
Tok pisin | ||
---|---|---|
Falado en: | Papúa Nova Guinea | |
Total de falantes: | 120 000 (2004) 4 millóns como segunda lingua | |
Familia: | Inglés crioulo Pacífico Tok pisin | |
Escrita: | Latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | tpi | |
ISO 639-3: | tpi
|
NotasEditar
- ↑ Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edinburgh
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Tok pisin |