To Leave A Trace
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
To Leave A Trace (inglés para «Deixar pegada») é un grupo de metalcore[1] con base en Lutsk, Volyn (Ucraína)[2] nado a finais do 2007[3]. O grupo confórmano Oksana Bugayova ─vocalista─, Artur Vashchuk ─batería─, Yaroslav Bebko ─guitarrista─ e Vasyl Yaremiy ─baixista─[3]. O grupo está sen contrato discográfico[2] e distribúe a súa música libremente pola Internet[1], ao tempo que dan concertos por diversos lugares de Europa[3].
To Leave A Trace | |
---|---|
Orixe | Lutsk, Volyn, Ucraína |
Período | 2007 - actualidade |
Xénero(s) | Metalcore |
Membros | Oksana Bugayova Artur Vashchuk Yaroslav Bebko Vasyl Yaremiy |
Na rede | |
Álbums
editarO seu primeiro e ata o momento único álbum é Fight Your Evil Side[1] (inglés para «Loita contra o teu lado malvado»), publicado en maio do ano 2009[3].
Ademais nestes momentos están a traballar nun segundo álbum titulado Boatman Is The Hero (inglés para «O barqueiro é o heroe»). A gravación inicial xa se realizou en Ucraína, e o traballo no álbum continúa nestes momentos no estudio estadounidense American Pink Noise Studio[3].
Concertos
editarO grupo adoita dar concertos no seu país natal. Tras a publicación do seu primeiro álbum, iniciaron unha xira que abrangueu ademais algúns festivais Europeos. No ano 2010 aventuráronse por Polonia, onde deron preto de trinta concertos[3].
Licenza
editarTodos os temas publicados polo grupo están baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual 3.0», o que os converte en música libre.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Páxina do grupo en Jamendo Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 Páxina do grupo en MySpace.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Páxina do grupo en Facebook
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: To Leave A Trace |