Tipoloxía lítica

Tipoloxía lítica, nun sentido amplo, é a disciplina que estuda os artefactos líticos para interpretalos e clasificalos ao establecer entre eles relacións ou non, segundo afinidades, no referentes as súas técnicas de fabricación, a súa morfoloxía e a súa función. É unha disciplina basicamente empírica e descritiva. Pode ser dividida en tres subdisciplinas que atenden a diferentes trazos.

  • Tecno-tipoloxía lítica: sería unha tipoloxía tecnolóxica, é dicir, unha disciplina que axuda a estudar, interpretar e clasificar os artefactos líticos seguindo criterios fundamentalmente, aínda que non exclusivamente, tecnolóxicos, é dicir, referentes aos seus procedementos de fabricación (que estudan, clasifican e interpretan conxuntos de xestos técnicos sucesivos que se repiten como patróns de comportamento tecnolóxico). Deste xeito, poderíase determinar cales son os coñecementos técnicos, referidos á fabricación de artefactos líticos, correspondentes a un espazo ou un tempo determinados, que podería ser un período crono-cultural concreto, un conxunto homoxéneo de industrias líticas ou un único Sitio arqueolóxico. Pode axudar a clasificar os artefactos líticos por medio da tecno-tipoloxía. Os conxuntos de xestos técnicos a estudar serían de dúas clases:
  • Tipoloxía lítica: disciplina que axuda a estudar, interpretar e clasificar os artefactos líticos no sentido tradicional do termo e que se basea, fundamental, aínda que non exclusivamente, en criterios morfolóxicos: as formas externas macroscópicas dos artefactos líticos. Estas poden axudar a clasificar os artefactos en base ás súas semellanzas con artefactos actuais ou, mellor, dos pobos primitivos actuais.
  • Tipoloxía funcional: disciplina que axuda a estudar, interpretar e clasificar os artefactos líticos seguindo criterios fundamental, aínda que non exclusivamente, traceolóxicos, isto é, referentes a súa utilización, é dicir, a partir doutra disciplina chamada traceoloxía, que estuda, clasifica e interpreta as diferentes pegadas que aparecen nos gumes dos artefactos líticos polo desgaste debido a súa utilización.