Tinomana Ariki
Tinomana Ariki é unha dinastía da tribo (vaka) de Puaikura na illa de Rarotonga (Illas Cook), o territorio tradicional da tribo localízase no oeste da illa, que se corresponde aproximadamente co distrito de Arorangi.
Arikis
editar- Tinomana Napa
- Tinomana Ru, fillo do anterior e Tumai.
- Tinomana Temutu, fillo do anterior e de Tepaeru a Teaia
- Tinomana Te Au Ariki, fillo do anterior
- Tinomana Enuarurutini, fillo do anterior e de Ngamau a Io. Nado contra 1780, era o ariki en 1823, durante a estadía de John Williams en Rarotonga.
- Tinomana Teariki Tapurangi (1854-1868), fillo do anterior e de Te Pori.
- Tinomana Makea Tamuera (1868-1881), fillo do anteriror.
- Tinomana Mereana Ariki (1881-1908), irmá máis nova do anterior, casou con John Mortimer Salmon, co que tivo cinco fillos, todos mortos na infancia.[1]. Sen descendencia o título pasou a outra liña da familia.
- Tinomana Napa Ariki (1908-1909), da liña Oakirangi, o seu reinado durou só algúns meses. Tras a súa morte o título pasou a outra liña.
- Tinomana Pirangi (1910-1915). Fillo de Taromi e neto de Papehia e Te Vaerua o te Rangi.
- Tinomana Ngataraiau (1915-1916). Filla de Tekao e neta de Papehia e Te Vaerua o te Rangi.
- Tinomana Tuoro (1916-1934), da liña Akaiti (terceira esposa de Tinomana Enuarurutini)
- Tinomana John Pirangi (1934-1948), fillo de Tinomana Pirangi e Rangipiri (liñaTe Pori/Papehia)
- Tinomana Tepai (1948-1970), liña Te Pori/Papehia. Despois da súa morte houbo un conflito de sucesión entre as liñas Te Pori/Papehia, Oakirangi e Akaiti, decidíndose que as tres liñas se sucederían por quendas.
- Tinomana Napa Tauei Konitanitai Ariki ou Constantin Napa (1975-1991), liña Oakirangi
- Tinomana Ruta Tuoro Ariki, ariki desde 1991.
Notas
editar- ↑ Beatrice Grimshaw, "In the strange south seas", 1907, p 84.