Tinerfe o Grande foi un heroe lendario guanche, mencey da illa de Tenerife (Illas Canarias). Estímase que viviu a finais do século XIV.

Infotaula de personaTinerfe

Estatua de Tinerfe o Grande en Adeje, Tenerife.
Biografía
NacementoFinais do século XIV
Tenerife (Illas Canarias)
MorteTenerife
Datos persoais
Grupo étnicoGuanche Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMencey
Familia
PaiSunta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era o fillo do mencey Sunta, quen gobernou toda a illa en tempos anteriores á conquista das Illas Canarias. Tinerfe o Grande, igual que todos os seus predecesores, tiña a súa corte en Adeje (aproximadamente cen anos antes da conquista).[1]

Á morte do seu pai, Tinerfe herdou o reino único de Tenerife. Porén, ó igual que lles ocorreu ós seus predecesores, os seus tíos intentaron usurparlle a coroa. Chegou a ser o mencey máis poderoso do seu liñaxe, aínda que tamén o último: á súa morte, os seus fillos dividíronse a illa en nove menceyatos.[2]

Na época da conquista os reis destes reinos eran:

Notas editar

  1. "Historia de Nuestra Señora de Candelaria". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 09 de decembro de 2016. 
  2. "Conquista de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 09 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar