Tin Pan Alley foi a colección de editores e compositores musicais de Nova York que dominaron a música popular estadounidense a finais do século XIX e principios do XX. Orixinalmente, o nome referíase a un lugar específico: West 28th Street entre Fifth e Sixth Avenue no Flower District [1] de Manhattan, e hai un letreiro na beirarrúa da 28th Street, entre Broadway e Sixth Avenue, que o celebra. [2] [3] [4] [5]

Estes edificios (47–55 West 28th Street) e outros da West 28th Street entre 6th Avenue e Broadway en Manhattan albergaban as editoriais de partituras que foron o centro da música popular estadounidense a principios do século XX. Os edificios mostrados foron designados como monumentos históricos en 2019.

Historia editar

 
Placa en Nova York lembrando a Tin Pan Alley.
 
Placa na 'Tin Pan Alley' londiniense.

Os inicios de Tin Pan Alley xeralmente remóntanse a 1885, cando varias compañías editoriais de música establecéronse no mesmo barrio de Manhattan. O final de Tin Pan Alley é menos evidente.

Algúns sitúano no inicio da Gran Depresión dos anos 30, cando o fonógrafo, a radio e o cine substituíron a partitura como motor da música popular nos Estados Unidos, mentres que outros consideran que Tin Pan Alley continuou na década de 1950, cando os primeiros estilos de música popular estadounidense. foron eclipsados polo auxe do rock & roll, que se centrou no Brill Building.

Nome editar

As orixes do nome "Tin Pan Alley" son incertas. Un relato afirma que era unha referencia pexorativa ao son de moitos pianos (comparándoo co golpe de tixolas - tin pans, no orixinal).

Outros afirman que o nome xurdiu de compositores que modificaban os seus pianos para producir un son máis percusivo. Despois de moitos anos, o termo pasou a referirse á industria musical estadounidense en xeral.[6]

O termo expandíuse ao Reino Unido onde "Tin Pan Alley" tamén é usado para a Denmark Street no West End de Londres.[7] Nos anos 20 a rúa foi chamada "Britain's Tin Pan Alley" polo seu gran número de tendas de música.[8]

Notas editar

  1. Dickerson, Aitlin (12 de março de 2013) "'Bowery Boys' Are Amateur But Beloved New York Historians" NPR
  2. Mooney Jake (17 de outubro de 2008) "City Room: Tin Pan Alley, Not So Pretty" The New York Times
  3. Gray, Christpher (13 de julho de 2003) "Streetscapes: West 28th Street, Broadway to Sixth; A Tin Pan Alley, Chockablock With Life, if Not Song" The New York Times
  4. Spencer, Luke J. (ndg) "The Remnants of Tin Pan Alley" Atlas Obscura
  5. Miller, Tom (8 de abril de 2016) "A Tin Pan Alley Survivor -- No. 38 West 28th Street " Daytonian in Manhattan
  6. "tin pan alley". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-03-08. 
  7. "Pop's street of dreams". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2023-03-08. 
  8. "Tin_Pan_Alley". www.musicpilgrimages.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2023. Consultado o 2023-03-08. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.