O Timrå IK ou Timrå Red Eagles é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Timrå (Suecia). Actualmente compite na Hockeyallsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco. Xoga os seus partidos como local no E.ON Arena, un pavillón con capacidade para 6.000 espectadores.

Timrå IK
Fundación11 de maio de 1928
Cidade Timrå,
Västernorrland
Suecia
EstadioE.ON Arena
(6.000 espectadores)
LigaHockeyallsvenskan
Campionatos0
Director Kent "Nubben" Norberg
Adestrador Tommy Andersson
CoresVermello e branco
           
Na rede
http://www.timraik.se/
Facebook: timraik.se Twitter: timra_ik Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

O Timrå IK foi fundado o 11 de maio de 1928 baixo o nome de Wifstavarvs IK e comezou a súa andaina no hóckey sobre xeo en 1938. Logo da súa fusión en 1942 co Östrands IF, outro equipo local, accedeu á primeira división do campionato en 1956. Logo dunha nova fusión, desta vez co Fagerviks IF en 1964, o club adoptou en 1967 o seu nome actual, Timrå IK.

O club posuía nas súas orixes unha sección de fútbol, que se independizou en 1978 baixo o nome de IFK Timrå.

Xogadores

editar

Números retirados

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar