Timarcha tenebricosa

especie de insecto

Timarcha tenebricosa

Vista dorsal

Vista lateral
Vista lateral

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Clado: Phytophaga
Superfamilia: Chrysomeloidea
Familia: Chrysomelidae
Xénero: Timarcha
Especie: Timarcha tenebricosa
(Fabricius, 1775)

Timarcha tenebricosa é unha especie de escaravello crisomélido nativo de Europa.[1][2]

Descrición editar

T. tenebricosa mide 15–20 mm de longo, é de cor negra azulado e é máis grande e máis constrinxido na base do seu pronoto que a especie visualmente similar T. goettingensis.[1][2] Ten un corpo moi curvado e élitros lisos e finamente puntuados. As antenas son grosas e ben segmentadas, as patas teñen tarsos longos e terminan cun gancho dobre.

 
Larva

Dieta e comportamento editar

Timarcha tenebricosa é monófago; as larvas aliméntanse exclusivamente de plantas do xénero Galium, especialmente as especies con follas tenras (como Galium verum e Galium mollugo). Os adultos adoitan moverse lentamente polo chan, na herba e en plantas herbáceas, principalmente pola noite.

Como comportamento defensivo exsudan pingas da súa hemolinfa laranxa-vermella brillante rompendo unhas delgadas membranas da súa boca,[3] a cal chéiralle moi mal aos depredadores. Este fenómeno de sangrado reflexo existe tamén noutros insectos, como algunhas maruxiñas.[4]

Ciclo vital editar

Poñen os ovos en primavera sobre plantas de Galium. As larvas miden ata 20 mm e son de cor negra azulada. As pupas hibernan.

 
Timarcha tenebricosa, exsudando unha pinga dun noxento líquido vermello (hemolinfa).

Distribución editar

Pode encontrarse en Europa central e do sur e é común en Gran Bretaña e Irlanda.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Timarcha tenebricosa (Fabricius, 1775)". Coleoptera.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 7 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Hubble, D. (2012). Keys to the Adults of Seed and Leaf Beetles of Britain and Ireland. Field Studies Council. p. 53. ISBN 9781908819086. 
  3. Robertson, Matthew. "Staying Alive." Insects and spiders. Pleasantville, New York: Reader's Digest Children's Books, 2000. 43.
  4. R. L. Koch. The multicolored Asian lady beetle, Harmonia axyridis: A review of its biology, uses in biological control, and non-target impacts. Journal of Insect Science, Volume 3, Issue 1, 2003, 32, [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar