Tileiro de folla grande
Tileira de folla grande | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Tilia platyphyllos: vista xeral | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O tileiro de folla grande[1] (Tilia platyphyllos),o tileiro común, é unha especie arbórea pertencente á familia das tiliáceas, moi habitual nos bosques de Europa. En Galiza só aparece coma ornamental.
DescriciónEditar
Árbore caducifolia de copa de forma piramidal, co toro de casca cinsenta, gretada lonxitudinalmente, e que pode acadar grande altura (uns 30m). Pólas e xemas de cor avermellada. Follas de 6–12 cm de lonxitude, de forma orbicular-ovada, dentada e punteadas, face verde botella e parte do envés algo esvaecido, rematan nun longo e evidente pico. Flores miúdas de 5 pétalos brancas ou amarelentas moi recendentes. Reúnense en feixes de entre 2 e 7 collidos por un longo rabiño que pendura dunha especie de folliña a xeito de lingüeta. Esta folliña (bráctea) é moi rechamangueira e característica, un tanto fibrosa e de cor verde pálida. Froito ovalado, moi viloso e con 5 costelas que resaltan, polo menos cando maduro. Contén de 1 a 2 sementes. Madura a finais do verán ou polo outono. A casca é cinsenta, lisa en exemplares novos e rachada ao longo nos máis idosos. Ramiñas de cor parda avermellada ou verdosas, ao principio e aveludadas. Florea a final de primavera e no verán.[2]
CitoloxíaEditar
- 2n=82 [3]
HábitatEditar
Especie bastante esixente en humidade, pode medrar en solos calcarios ou silíceos. Chega a formar mouteiras monoespecíficas. fragas de abas rochosas, foces e cavorcos. Medra espallado nas fragas caducifolias onde adoita aparecer na compaña de carballos(caxigos, veriños etc), piñeiros, abeleiras, faias, pradairos, capudres e freixos.
DistribuciónEditar
Atópase espallado por gran parte de Europa, especialmente polo centro e sur, chegando até o oeste de Asia. Na península Ibérica aparece nos Pireneos, no Cordal Cantábrico e no Sistema Ibérico.[4] Non chega aos montes galegos.
SinónimosEditar
GaleríaEditar
NotasEditar
- ↑ Nome vulgar galego favorito en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ Barbadillo Salgado, J.L. (2001). Árboles y Arbustos del Pirineo. Huesca:Pirineo. ISBN 84-87997-85-6.
- ↑ Tilia en Flora Ibérica
- ↑ Galán Cela, P.; Gamarra Gamarra R., García Viñas J.I. (2003). Árboles y Arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Madrid:Jaguar. ISBN 84-95537-50-8.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tileiro de folla grande |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tileiro de folla grande |