Ti primeiro

novela visual de Roberto Alvite

Ti primeiro é unha novela visual creada por Roberto Alvite[1] e producida e publicada por Melgo Cinema. Foi lanzada o 10 de agosto de 2021 para dispositivos móbiles iOS e Android. Caracterízase pola superposición de textos sobre fotografías fixas en imaxe real para narrar a historia, unha historia romántica ambientada na Coruña, e na que o xogador pode tomar decisións para ver outros puntos de vista dos acontecementos.

Ti primeiro
Desenvolvedor(es)Melgo Cinema
Distribuidora(s)Melgo Cinema
Director(es)Roberto Alvite
Produtor(es)Roberto Alvite
Escritor(es)Roberto Alvite
Compositor(es)Manuel García Vicente
MotorUnity
Lanzamento10 de agosto de 2021
XéneroVideoxogo de aventura
Novela visual
Romance
Modos de xogoUn xogador
Pantalla táctil
Plataforma(s)iOS, Android
Na rede
IMDB: tt13645788 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

ArgumentoEditar

O xogo segue etapas da vida conxunta de Álex (Iris Darriba) e Sebas (Roberto Alvite), unha parella de 30 anos que, tras oito meses de relación, intenta ter unha relación aberta.[2] Ao longo de tres episodios en distintos anos da súa vida, séguese a súa evolución como parella e como persoas, particularmente coa guía dun narrador omnisciente que critica personaxes e situacións á vez que serve de alivio cómico.

MecánicasEditar

A interactividade de Ti Primeiro limítase a seleccionar as decisións en momentos puntuais da historia, é dicir, o avance de lectura é automático. O creador, Roberto Alvite, buscaba unha experiencia sinxela para trasladar o formato de novela visual a novos públicos que nunca tiveran probado o formato por todo o mundo.[3] Ningunha ruta narrativa está plantexada como mellor que outra, senón que complementan o que o xogador coñece das personaxes.

DesenvolvementoEditar

O guión do xogo foi escrito en abril de 2020, durante pleno confinamento pola pandemia de covid-19. Tras uns meses de preprodución, a rodaxe tivo lugar entre agosto e setembro do mesmo ano, para continuar con meses de posprodución, incluíndo a localización a seis linguas (galego, español, inglés, francés, italiano e portugués do Brasil), ata o seu lanzamento en agosto de 2021.[4]

RecepciónEditar

Un mes despois do seu lanzamento, Ti Primeiro sumaba máis de 10.000 descargas en máis de 30 países.[5] Entre as críticas recibidas, o portal Cinemagavia menciona aspectos positivos como que «o relato gaña, sobre todo, na temática que aborda, naturalizando conceptos como a comunicación en parella, a apertura das relacións, o desexo, a sexualidade diversa… e levándoos a unha relación coa que se podería identificar calquera persoa», e outros menos favorables como «un dos inconvintes que se atopa é que, en ocasións, resulta excesivamente longa e fáltalle maior dinamismo».[6]

NotasEditar

  1. Redacción (27 de novembro de 2011). "Ti primeiro, la primera novela visual española en la que el lector decide el futuro de sus protagonistas". europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  2. Taibo, Marieta (7 de setembro de 2021). "'Ti Primeiro', la novela romántica en la que puedes elegir el destino de sus protagonistas". cosmopolitan.com (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  3. García, María. "¿Son las novelas visuales el futuro de los libros?". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  4. Segura Albert, Luisa (4 de novembro de 2021). "Ti primeiro, una historia de amor diferente". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  5. García, Alejandra (9 de setembro de 2021). "La novela visual e interactiva ‘Ti Primeiro’ ya ha superado las 10.000 descargas". audiovisual451.com. Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  6. Da Costa, Diego (13 de setembro de 2021). ""Ti Primeiro": Abrazar al deseo y al romanticismo". cinemagavia.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2022. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar