Tiê
vocalista brasileira
Tiê Gasparinetti Biral (São Paulo, 17 de marzo de 1980) é unha cantora brasileira de MPB, integrante do catálogo da Warner Music Brasil.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Tiê Gasparinetti Biral 17 de marzo de 1980 (44 anos) São Paulo, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Fundação Armando Álvares Penteado (pt) |
Actividade | |
Ocupación | vocalista , cantautora |
Período de actividade | 2007 - |
Lingua | Lingua portuguesa e portugués do Brasil |
Selo discográfico | Warner Music Brasil |
Páxina web | tiemusica.com |
Biografía
editarTiê é neta da actriz Vida Alves, cursou Relacións Públicas na FAAP e estudou canto en Nova York. Foi modelo da Ford Models e chegou a actuar nun comercial dirixido por Fernando Meirelles, director premiado en Cannes. Foi dona dun Café Brechó, onde coñeceu ó tecladista Dudu Tsuda (Pato Fu) e ao compositor Toquinho, con quen gravou a súa primeira canción e viaxou polo Brasil e Europa. En 2009 lanzou o seu primeiro álbum chamado Sweet Jardim, que contou coa colaboración solidaria de diversos artistas, como Toquinho e outros artistas de corte independente de São Paulo.
Discografía
editarÁlbums
editar- 2009: Sweet Jardim
- 2011: A Coruja e o Coração
- 2014: Esmeraldas
Sinxelos
editarAno | Título | Mellor posición | Álbum |
---|---|---|---|
BRA [1] | |||
2015 | "A Noite" | 47 | Esmeraldas |
Notas
editar- ↑ Billboard Brasil, ed. (10 de agosto de 2015). "Top 100 Billboard Brasil - Semanal". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2015. Consultado o 10/08/2015.