Thysanozoon nigropapillosum

Thysanozoon nigropapillosum

Thysanozoon nigropapillosum nadando en Manta Ray Bay, Yap
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Platyhelminthes
Clase: Turbellaria
Orde: Polycladida
Suborde: Cotylea
Familia: Pseudocerotidae
Xénero: Thysanozoon
Especie: T. nigropapillosum
Nome binomial
Thysanozoon nigropapillosum
(Hyman, 1959)
Sinonimia
  • Acanthozoon nigropapillosum Hyman, 1959

Thysanozoon nigropapillosum é unha especie de verme plano (platihelminto) policlado pertencente á familia Pseudocerotidae.

Descrición editar

T. nigropapillosum ten un corpo de forma larga e longa. Crece ata os 76 mm.[1] A superficie dorsal é moi negra e cuberta con numerosas papilas de puntas amarelas que varían en tamaño. A superficie ventral é castaña escura. A marxe externa do corpo é lixeiramente ondulada e beireada dunha cor branca opaca. Teñen pseudotentáculos pequenos que lembran pola súa forma a orellas, situados no medio da súa parte anterior.[2] Nadan impulsándose pola auga cun movemento ondulante rítmico de todo o corpo.[1]

Distribución editar

A especie está estendida por todo o Indo-Pacífico.

Hábitat editar

T. nigropapillosum é bastante común na parte externa dos arrecifes de coral.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ocean. Dorling Kindersley. 2014. p. 272. ISBN 9781465436207. 
  2. Wei-Ban Jie, Shih-Chieh Kuo, Hin-Kiu Mok (December 2014). "Re-description of Thysanozoon nigropapillosum (Polycladia: Pseudocerotidae) From The South China Sea, With Observations on a Novel Pre-Copulatory Structure, Sexual Behavior and Diet" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 62: 764–770. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2015. Consultado o 03 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar