Thymallus baicalensis

especie de peixe

Thymallus baicalensis

Thymallus baicalensis no Museo do Baikal, Listvianka, óblast de Irkutsk, Rusia
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Thymallinae
Xénero: Thymallus
Especie: T. baicalensis
Nome binomial
Thymallus baicalensis
Dybowski, 1874

Thymallus baicalensis é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,[1][2][3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1874 polo médico e naturalista polaco Benedykt Dybowski.[1][2][3], baixo o nome de Thymallus grubii var. baicalensis.[1]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmemnte válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2][3]

  • Thymallus arcticus baicalensis Dybowski, 1874
  • Thymallus grubii var. baicalensis Dybowski, 1874 (protónimo)

Nota taxonómica editar

Anteriormente considerábase unha subespecie do tímalo ártico, Thymallus arcticus baicalensis, pero actualmente é unha das varias especies de tímalo de Siberia e Asia oriental, as máis próximas das cales son Thymallys nikolskyi, T. svetovidovi, T. brevicephalus e T. brevirostris. A distinción destes taxons está apoiada pola filoxenia das súas liñaxes de ADN mitocondrial. T. baicalensis tamén se disgtingue por un patrón de coloración distinto da aleta dorsal.[4]

Distribución editar

Thymallus baicalensis encóntrase no lago Baikal, e en toda a conca do río Ienisei, e tamén nalgúns afluentes orientais do río Obi.[4]

Características e bioloxía editar

O tímalo do Baikal pode chegar a medir até 38 cm de lonxitude e a 1,2 kg de peso. Desprázase principalmente por fondos pedregosos a pouca profundidade, alimentándose de larvas de tricópteros e de plecópteros, crustáceos da orde dos anfípodos e de ovos de peixes.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no WoRMS. Consultado o 12 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Thymallus baicalensis (Dybowski, 1874) no BioLib. Consultado o 14 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 Weiss, S. J. et al. (2021): "Global systematic diversity, range distributions, conservation and taxonomic assessments of graylings (Teleostei: Salmonidae; Thymallus spp.)". Organisms Diversity & Evolution 21: 25–42.
  5. Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2006); Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 en FishBase.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Berg, L. S. (1962): Freshwater fishes of the USSR and adjacent countries. Volume 1, 4th edition. Xerusalén: Israel Program for Scientific Translations Ltd.