Abrir o menú principal

Thrymr ou Saturno XXX, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no ano 2000, e recibiu a designación temporal de S/2000 S 7.

Thrymr ten uns 5,6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,810 millóns de kms en 1120,809 días, cunha inclinación orbital de 175° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,453. Thrymr podería estar formado a partir dos cascallos expulsados dos grandes impactos recibidos pola lúa Febe.

Recibiu o seu nome oficial a partir da mitoloxía nórdica, onde Thrymr era un Jotun ou xigante, coñecido por rouba-lo Mjolnir a Thor. O principio o nome oficial anunciado foi Thrym tal coma se pode ver na IAU Circular 8177, pero a UAI decidiría máis tarde engadirlle o -r final para darlle o caso nominativo á palabra base Thrym.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar