Thomas P. Stafford
astronauta estadounidense
Thomas Patten Stafford, nado en Weatherford, Oklahoma, o 17 de setembro de 1930 e finado o 18 de marzo de 2024, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 6A, Gemini 9A, Apollo 10 e ASTP.[1][2][3]
Traxectoria
editarStafford graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952 e recibiu diferentes graos honorarios. Recibiu as súas ás de piloto na Base Connally da Forza Aérea en 1953. Foi elixido de entre o segundo grupo de candidatos a astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 6A, Gemini 9A, Apollo 10 e ASTP e pasando un total de 21,15 días no espazo.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Stafford, Thomas Patten 'Tom'" (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (marzo de 2014). "THOMAS P. STAFFORD, LIEUTENANT GENERAL, U.S. AIR FORCE (RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2021.
- ↑ Richard Goldstein (18 de marzo de 2024). "Thomas Stafford, 93, Commander of First U.S.-Soviet Space Mission, Dies". The New York Times. Consultado o 19 de marzo de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas P. Stafford |