Thomas Morgenstern
Thomas Morgenstern, nado o 30 de outubro de 1986 en Spittal an der Drau, é un saltador de esquí austríaco.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1986 ![]() Spittal an der Drau, Austria (pt) ![]() ![]() |
Altura | 184 cm ![]() |
Peso | 67 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí ![]() |
Deporte | Salto de esquí ![]() |
Patrocinador | Red Bull GmbH ![]() |
Participou en | |
2014 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 - Pista longa por equipes masculinas (pt) ![]() |
2010 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2010 - Pista longa por equipes (pt) ![]() |
2006 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Pista longa por equipes (pt) ![]() |
2006 | Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Pista longa individual (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | thomasmorgenstern.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |

Traxectoria
editarFixo o seu debut internacional no Torneo dos Castro Trampolíns na tempada 2002/2003, rematou 9º en Oberstdorf, 25º en Garmisch-Partenkirchen, 9º en Innsbruck e 6º en Bischofshofen. Cinco días despois do remate o torneo, gañou a súa primeira competición na Copa do Mundo en Liberec, Chequia.
Na tempada 2003/4 foi segundo logo de Sigurd Pettersen durante case todo o Torneo dos Catro Trampolíns, rematando finalmente en cuarta praza.
Morgenstern logrou tres medallas de ouro por equipos nos Campionatos de Esquí Nórdico, dúas de 2005 e unha de 2007, nese ano gañou tamén unha medalla individual, en trampolín curto.
Nas Olimpiadas de Inverno de 2006 gañou dous ouros, en trampolín grande individual e por equipos. Gañou as primeiras seis competicións da Copa do Mundo de 2007/2008, igualando o récord de Janne Ahonen e Matti Hautamäki e gañando a Copa finalmente, conseguiu unha medalla de ouro por equipos nos Campionatos do Mundo de Salto de Esquí de 2008 en Oberstdorf.