'Thirasia, tamén coñecido como Therasia' (grego: Θηρασία), é unha illa volcánica no grupo das illas de Santorini nas Cícladasgregas. Atópase ao noroeste de Nea Kameni, unha pequena illa formada nos últimos séculos pola actividade volcánica, marcando así o centro do grupo de illas. Therasia é a segunda illa máis grande do grupo, logo de Thera.
Therasia ten unha superficie de 9´299 km² e a súa poboación era de 319 habitantes no censo 2011. forma parte do municipio de Oia (Κοινότητα Οίας).
Thera e Therasia formaban unha única antiga illa redonda que tras a erupción volcánica de Thera partiuse en dous formando a actual configuración xeográfica do arquipélago, coa illa de Santorini, forman o cono volcánico.