Thermoplasma é un xénero de arqueas da familia Thermoplasmataceae.[1]

O xénero pertence aos Thermoplasmata, que viven en ambientes con altas temperaturas e ácidos. Os Thermoplasma son anaerobios facultativos e respiran utilizando xofre e carbono inorgánico. Non presentan parede celular senón unha membrana plasmática peculiar composta principalmente por un lipoglicano tetraéter, que contén un lípido tetraéter arqueano atípico unido a un oligosacárido que contén glicosa e manosa. Este lipoglicano probablemente é o responsable da estabilidade termal e ácida da membrana de Thermoplasma.

Actualmente o xénero Thermoplasma ten dúas especies recoñecidas: T. acidophilum e T. volcanium. T. acidophilum illouse orixinalmente dunha morea de carbón encendido a pH 2 e 59 °C. Illáronse numerosas cepas de T. volcanium en mananciais termais sulfurosos en moitos lugares do mundo. Secuenciáronse os xenomas de ambas as especies.

Notas editar

  1. Ver no NCBI a páxina sobre Thermoplasma. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-06-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Revistas científicas
  • Ruepp, A., Graml, W., Santos-Martinez, M.-L., Koretke, K.K., Volker, C., Werner Mews, H., Frishman, D., Stocker, S., Lupas, A.N. and Baumeister, W. (2000). "The genome sequence of the thermoacidophilic scavenger Thermoplasma acidophilum". Nature 407 (6803): 508–513. PMID 11029001. doi:10.1038/35035069.  [1]
  • Darland G, Brock TD, Samsonoff W, Conti SF (1970). "A thermophilic, acidophilic mycoplasma isolated from a coal refuse pile". Science 170 (3965): 1416–1418. PMID 5481857. doi:10.1126/science.170.3965.1416. 
Libros científicos
  • Madigan, M.T. and Martinko, J.M. (2005). Brock Biology of Microorganisms, 11th Ed. Pearson Prentice Hall. 
  • Reysenbach, A-L (2001). "Family I. Thermoplasmataceae fam. nov.". En DR Boone and RW Castenholz, eds. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 1: The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria (2nd ed.). New York: Springer Verlag. ISBN 978-0-387-98771-2. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas editar