The Witcher 2: Assassins of Kings

videoxogo de 2011

The Witcher 2: Assassins of Kings (en polaco: Wiedźmin 2: Zabójcy królów) é un videoxogo de rol e acción desenvolvido polo estudio polaco CD Projekt RED para Microsoft Windows, Xbox 360, OS X e Linux.[1] O xogo foi lanzado internacionalmente para Microsoft Windows o 17 de maio de 2011 e para Xbox 360 o 17 de abril de 2012.

The Witcher 2: Assassins of Kings
Logo do videoxogo.
Desenvolvedor(es)CD Projekt RED
Director(es)Adam Badowski
Produtor(es)Jędrzej Mróz
Compositor(es)Adam Skorupa
Krzysztof Wierzynkiewicz
Marcin Przybyłowicz
MotorREDengine con físicas Havok, PathEngine e SpeedTree
Lanzamento2011
XéneroAcción e rol
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
Xbox 360
OS X
Linux
Formato(s)DVD, descarga
SerieThe Witcher
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt1937416 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É a secuela do título de 2007 The Witcher. Ó igual que o seu predecesor, o xogo baséase na serie de novelas de fantasía The Witcher, do autor polaco Andrzej Sapkowski. O xogador controla a personaxe de Geralt de Rivia, un cazador de monstros. O mundo de fantasía no que se desenvolve a historia contén moitos elementos da historia de Polonia e da mitoloxía eslava.

O xogo foi un éxito comercial e da crítica, vendendo máis de 1,7 millóns de unidades para PC e Xbox 360 até maio de 2012.[2] O terceiro título da serie, The Witcher 3: Wild Hunt, foi estreado o 19 de maio de 2015.

Notas editar

  1. IGN (ed.). "The Witcher 2: Assassins of Kings - PC". Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  2. Onyett, Charles (30 de maio de 2012). IGN, ed. "The Witcher 2 Sells 1.7 Million". Consultado o 9 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar