The War on Drugs

The War on Drugs é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Filadelfia (Pensilvania) e formado no ano 2005. O grupo está composto por Adam Granduciel (voces, guitarra), David Hartley (baixo), Robbie Bennett (teclados), Charlie Hall (batería), Jon Natchez (saxofón) e Anthony LaMarca (guitarra).

The War on Drugs
War on drugs.jpg
Adam Granduciel de The War on Drugs
OrixeFiladelfia (Pensilvania), Flag of the United States.svg
Período2005 - presente
Xénero(s)indie rock, Americana, shoegazing, neopsicodelia, new wave, post-punk
Selo(s) discográfico(s)Secretly Canadian, Atlantic Records
MembrosAdam Granduciel
David Hartley
Robbie Bennett
Charlie Hall
Jon Natchez
Anthony LaMarca
Antigos membrosKurt Vile
Kyle Lloyd
Mike Zanghi
Steven Urgo
Patrick Berkery
Páxina webthewarondrugs.net

Fundada por Granduciel e Kurt Vile, The War on Drugs publicou o seu álbum de estrea, Wagonwheel Blues, en 2008. Vile marchou pouco despois para centrarse na súa carreira en solitario. O segundo traballo, Slave Ambient, editouse en 2011 coa aclamación da crítica e unha extensa xira de presentación.

Composo e gravado tras esa xira e un período de soidade e depresión de Granduciel, o terceiro disco da banda, Lost in the Dream, foi lanzado no ano 2014 cunha gran aclamación da crítica e aumentando a súa exposición ao público. O anterior colaborador Charlie Hall uníuse ao grupo como batería no proceso de gravación, co saxofonista Jon Natchez e o guitarrista Anthony LaMarca acompañando á banda na súa xira mundial.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo
Wagonwheel Blues 2008 Secretly Canadian
Slave Ambient 2011 Secretly Canadian
Lost in the Dream 2014 Secretly Canadian
A Deeper Understanding 2017 Atlantic Records

EPsEditar

EP Ano Selo
Barrel of Batteries 2007 Secretly Canadian
Future Weather 2010 Secretly Canadian

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar