The Room é un filme independente estadounidense escrito, dirixido, producido e protagonizado por Tommy Wiseau. O filme céntrase nun triángulo amoroso entre o banqueiro Johnny (Wiseau), a súa futura esposa Lisa (Juliette Danielle) e o seu mellor amigo Mark (Greg Sestero). Unha porción significativa do filme está dedicado a unha serie de eventos non relacionados co argumento, a maioría dos cales implican polo menos un personaxe secundario, e que quedan sen resolver por mor da inconsistente estrutura narrativa do filme. Segundo Wiseau, o título fai referencia ó potencial dunha habitación de ser o escenario de eventos bos e malos;[4] o escenario do cal deriva o guión ten lugar nunha única sala. Sestero explicou que o filme é semi-autobiográfico, e pretendía ser "unha advertencia sobre os perigos de ter amigos".[5]

The Room
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Room
DirectorTommy Wiseau
ProdutorTommy Wiseau
GuiónTommy Wiseau
Intérpretes
MúsicaMladen Milicevic
FotografíaTodd Barron
MontaxeEric Chase
EstudioWiseau-Films
Distribuidora
  • Chloe Productions
  • TPW Films
Estrea27 de xuño de 2003
Duración99 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$6 000 000[2]
Recadación$1 800[3]
Na rede
http://www.theroommovie.com/
IMDB: tt0368226 Filmaffinity: 529733 Allocine: 182794 Rottentomatoes: m/the_room Mojo: theroom Allmovie: v507325 Metacritic: movie/the-room
Facebook: theroom Twitter: TheRoom Instagram: theroom.movie Netlix: 70114944Editar o valor em Wikidata

Numerosas publicacións consideran The Room como un dos peores filmes xamais feitos. Ross Morin, profesor asistente de cine na Universidade de St. Cloud State en Minnesota, describe The Room como "o Cidadán Kane dos filme malos".[3] Aínda que orixinalmente só se exhibiu nun pequeno número de cines de California, The Room converteuse axiña nun filme de culto por mor da súa bizarra e pouco convencional historia, erros técnicos e narrativos e a interpretación desconcertante de Wiseau. Malia que Wiseau describiu o filme como unha comedia negra, o público considerouno polo xeral como un drama mal feito, unha opinión compartida polos membros do elenco.

The Disaster Artist, un libro das memorias de Sestero ó crear The Room, foi co-escrito con Tom Bissell e publicado en 2013. Un filme baseado no libro, dirixido por James Franco, foi estreado o 1 de decembro de 2017; tanto o libro como o filme recibiron a aclamación da crítica. The Room tamén inspirou unha adaptación non oficial ós videoxogos, The Room Tribute, publicado por Newgrounds en 2010.

Personaxes editar

 
Greg Sestero, que interpreta a Mark en The Room, escribiu The Disaster Artist baseado nas súas experiencias durante a rodaxe.
  • Tommy Wiseau como Johnny, un exitoso banqueiro comprometido con Lisa
  • Greg Sestero como Mark, o mellor amigo de Johnny, que ten unha aventura con Lisa
  • Juliette Danielle como Lisa, a prometida de Johnny
  • Philip Haldiman como Denny, un rapaz veciño ó cal Johnny trata coma un fillo
  • Carolyn Minnott como Claudette, nai de Lisa
  • Robyn Paris como Michelle, mellor amiga de Lisa
  • Scott Holmes como Mike, noivo de Michelle
  • Dan Janjigian como Chris-R, un traficante que ameaza a Denny
  • Kyle Vogt como Peter, un psicólogo amigo de Mark e Johnny
  • Greg Ellery como Steven, un amigo de Johnny e Lisa

Notas editar

  1. Foundas, Scott (17 de xullo de 2003). "Review: 'The Room'". Variety. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  2. Jones, Nate (27 de xuño de 2013). "How The Room Became the Biggest Cult Film of the Past Decade". Vulture. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Collis, Clark (12 de decembro de 2008). "The Crazy Cult of 'The Room'". Entertainment Weekly. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  4. The Room DVD Bonus Features: Q&A
  5. Sestero & Bissell 2013, p. 228.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar