The Revenant (filme de 2015)
The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que se estreou no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.[4]
The Revenant | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Revenant |
Director | Alejandro G. Iñárritu |
Produtor | Arnon Milchan Steve Golin David Kanter Alejandro G. Iñárritu Mary Parent James W. Skotchdopole Keith Redmon |
Guión | Mark L. Smith Alejandro G. Iñárritu |
Baseado en | The Revenant de Michael Punke |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Tom Hardy Domhnall Gleeson Will Poulter |
Música | Ryuichi Sakamoto Alva Noto Bryce Dessner |
Fotografía | Emmanuel Lubezki |
Montaxe | Stephen Mirrione |
Estudio | Anonymous Content Appian Way M Productions New Regency Pictures RatPac-Dune Entertainment Regency Enterprises |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Teatro Chinés de Grauman: 16 de decembro de 2015 25 de decembro de 2015 |
Duración | 156 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama histórico |
Orzamento | $135 000 000[2] |
Recadación | $532 700 000[3] |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/the-revenant | |
|
O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme. Orixinalmente pensouse en Park Chan-wook como director e a Samuel L. Jackson como protagonista, e posteriormente a John Hillcoat con Christian Bale. Ámbolos directores rexeitaron o proxecto, asinou como Iñárritu en agosto de 2011. En abril de 2014, despois de varios atrasos na produción por mor doutros proxectos, Iñárritu confirmou que comezaría a traballar en The Revenant e que DiCaprio sería o protagonista. É a segunda colaboración de Leonardo DiCaprio e Tom Hardy (sendo o primeiro Orixe).
O filme foi nomeado a doce Premios Óscar na 88ª entrega de 2016, gañando tres deles: mellor director para Iñárritu, mellor actor para DiCaprio e mellor fotografía para Emmanuel Lubezki.
Personaxes
editar- Leonardo DiCaprio como Hugh Glass,[5] o protagonista abandonado por morto polos seus compañeiros cazadores.
- Tom Hardy como John Fitzgerald,[5] o principal antagonista que busca a morte de Glass para o seu propio proveito.
- Domhnall Gleeson como Andrew Henry,[6] o líder da partida de caza.
- Will Poulter como Jim Bridger.[5]
- Forrest Goodluck como Hawk, fillo de Glass.
- Paul Anderson como Anderson.
- Brendan Fletcher como Fryman.
- Kristoffer Joner como Murphy.
- Brad Carter como Johnnie.[7]
- Lukas Haas como Jones.[8]
Notas
editar- ↑ BBFC (28 de decembro de 2015). British Board of Film Classification, ed. "The Revenant". Londres, ENG. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ Waxman, Sharon (16 de outubro de 2015). TheWrap, ed. "'The Revenant' Budget Soars to $135 Million As New Regency Foots the Bill (Exclusive)". Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "The Revenant (2015)". Consultado o 16 de xuño de 2016.
- ↑ Chitwood, Adam (3 de febreiro de 2015). Collider, ed. "Alejandro González Iñárritu Explains Why The Revenant Is Taking 9 Months to Shoot". Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Regency Staff (27 de decembro de 2015). Regency Enterprises, ed. "The Revenant". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ RTE Staff (20 de xullo de 2015). RTÉ, ed. "Gleeson joins DiCaprio in The Revenant teaser".
- ↑ Yamato, Jen (24 de outubro de 2014). Deadline.com, ed. "Brad Carter Lands ‘The Revenant’". Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "Rovi" (28 de decembro de 2015). Fandango.com, ed. "The Revenant (2015) Cast and Crew". Consultado o 28 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Revenant na IMDb (en inglés).