The Psychedelic Furs
The Psychedelic Furs é unha banda inglesa de post-punk fundada no ano 1977. Liderada polo vocalista Richard Butler e o seu irmán Tim Butler no baixo, The Psychedelic Furs é un dos moitos grupos saídos da escena británica do post-punk. A súa música pasou a través de distintas fases, dun austero art rock inicial a tocar posteriormrnte o new wave e o hard rock.
The Psychedelic Furs | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 1977 – 1991 2001 – presente |
Xénero(s) | post-punk, new wave, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Sony Music, Legacy |
Membros | Richard Butler Tim Butler Paul Garisto Rich Good Amanda Kramer Mars Williams |
Antigos membros | Duncan Kilburn Roger Morris Paul Wilson John Ashton Vince Ely |
Artistas relacionados | Love Spit Love, Guns N' Roses |
Na rede | |
thepsychedelicfurs.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A banda conseguiu varios éxitos nos seus primeiros anos de carreira, pero gañaron a atención internacional en 1986 cando o cineasta John Hughes usou a súa canción "Pretty in Pink" para a súa película co mesmo nome.
The Psychedelic Furs entraron en hiato en 1991, e os irmáns Butler formaron unha nova banda chamada Love Spit Love. The Psychedelic Furs reagruparíase en 2001 e no presente continúa actuando por todo o mundo.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Psychedelic Furs | 1980 | Columbia Records |
Talk Talk Talk | 1981 | CBS Records |
Forever Now | 1982 | CBS Records |
Mirror Moves | 1984 | Columbia Records |
Midnight to Midnight | 1987 | Columbia Records |
Book of Days | 1989 | Columbia Records |
World Outside | 1991 | Columbia Records |
Made of Rain | 2020 | Cooking Vinyl |