Abrir o menú principal

O derradeiro emperador

Filme de 1987 dirixido por Bernardo Bertolucci
(Redirixido desde "The Last Emperor")

O derradeiro emperador[3] (en inglés: The Last Emperor) é un filme dirixido por Bernardo Bertolucci que foi estreado no ano 1987. O filme narra a vida de Puyi, o derradeiro emperador de China, cuxa autobiografía foi a base para o guión escrito por Mark Peploe and Bernardo Bertolucci.

O derradeiro emperador
Ficha técnica
Título orixinalThe Last Emperor
DirectorBernardo Bertolucci
ProdutorJeremy Thomas
GuiónMark Peploe
Bernardo Bertolucci
IntérpretesJohn Lone
Joan Chen
Peter O'Toole
Ruocheng Ying
Victor Wong
MúsicaRyuichi Sakamoto
David Byrne
Cong Su
FotografíaVittorio Storaro
MontaxeGabriella Cristiani
EstudioHemdale Film Corporation
Recorded Picture Company
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea1987
Duración160 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Flag of the People's Republic of China.svg China
Italia Italia
XéneroHistórico, Biográfico
Orzamento$23 800 000[1]
Recadación$43 984 230[2]

ArgumentoEditar

É a historia de Puyi, o último emperador de China, que subiu ó trono ós tres anos e foi adorado por 500 millóns de persoas como un deus. Gobernou na Cidade Prohibida, ata que as forzas republicanas, que querían abolir a corte imperial, o encerraron entre as súas murallas. Finalmente abdicou e converteuse durante un tempo nun títere das forzas de ocupación xaponesas en Manchuria. Despois chegou a revolución comunista e foi encarcerado para "limpar" a súa mente de todo pensamento capitalista. Nos derradeiros anos da súa vida foi xardineiro no parque botánico de Pequín e levou unha vida como un home normal no seu país, sendo testemuña do culto a Mao Tse Tung e da Revolución Cultural.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. The Last Emperor Box Office Mojo
  3. "Butaca Especial: O derradeiro emperador". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 

Véxase taménEditar