Abrir o menú principal

The Italian Job (filme de 2003)

filme de 2003 dirixido por F. Gary Gray

The Italian Job é un filme estadounidense dirixido por F. Gary Gray que foi estreado no 2003. Está baseado no filme británico de 1969 The Italian Job de Troy Kennedy Martin.

The Italian Job
Ficha técnica
Título orixinalThe Italian Job
DirectorF. Gary Gray
ProdutorDonald De Line
GuiónDonna Powers
Wayne Powers
Baseado enThe Italian Job de Troy Kennedy Martin
IntérpretesMark Wahlberg
Charlize Theron
Edward Norton
Seth Green
Jason Statham
Mos Def
Donald Sutherland
MúsicaJohn Powell
FotografíaWally Pfister
MontaxeRichard Francis-Bruce
Christopher Rouse
EstudioDe Line Pictures
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea2003
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$60 000 000[1]
Recadación$176 100 000

ArgumentoEditar

John Bridger (Donald Sutherland) fala coa súa filla Stella (Charlize Theron) por teléfono para anunciarlle que ese sería o seu derradeiro roubo. Máis tarde, John queda co planificador, Charlie (Mark Wahlberg), para falar sobre o roubo. Ambos son bos amigos e teñen un gran respecto o un polo outro.

O grupo encabezado por Charlie estaba formado polo infiltrado Steve (Edward Norton), o xenio da informática Lyle (Seth Green), Rob (Jason Statham) como condutor, Oído esquerdo (Mos Def) o experto en explosivos e John, que era o encargado de rebentar a caixa forte. O plan era perfecto, polo que o roubo en Venecia foi como se agardaba, a euforia invade a tódolos presentes durante un curto período de tempo. Entón decátanse de que un dos membros do grupo, Steve, traizoou ó resto para quedar con todo o ouro, acto que acaba coa vida de John. Tempo despois, o grupo localiza a residencia de Steve, e con Charlie ó mando deciden xogarlle o mesmo xogo, polo que recorren a Stella, a filla de John, para dar un golpe que lles permita reembolsar os cartos perdidos e de paso vingarse pola morte de John.

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar