The Hunt (filme de 2020)

filme de 2020 dirixido por Craig Zobel

The Hunt é un filme estadounidense de terror satírico de 2020 dirixido por Craig Zobel e escrito por Nick Cuse e Damon Lindelof. Está protagonizado por Betty Gilpin, Ike Barinholtz, Amy Madigan, Emma Roberts, Ethan Suplee e Hilary Swank. Jason Blum foi o produtor baixo o selo de Blumhouse Productions, xunto con Lindelof.[3] Tanto Zobel como Lindelof dixeron que o filme serve como unha sátira da profunda división política nos Estados Unidos entre a esquerda e a dereita.[4]

The Hunt
Ficha técnica
Título orixinalThe Hunt
DirectorCraig Zobel
ProdutorJason Blum
Damon Lindelof
GuiónNick Cuse
Damon Lindelof
IntérpretesBetty Gilpin
Ike Barinholtz
Amy Madigan
MúsicaNathan Barr
FotografíaDarran Tiernan
MontaxeJane Rizzo
EstudioBlumhouse Productions
White Rabbit Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
EstreaReino Unido Reino Unido 11 de marzo de 2020
13 de marzo de 2020
Duración89 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror satírico
Orzamento14 millóns de dólares[2]
Recadación6,5 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.thehunt.movie/
IMDB: tt8244784 Filmaffinity: 195084 Allocine: 263711 Rottentomatoes: m/the_hunt_2019 Allmovie: v718336 Metacritic: movie/the-hunt-2019
Facebook: thehuntmovie Twitter: TheHuntMovie Instagram: thehunt_movie Editar o valor em Wikidata

A estrea do filme estaba prevista orixinalmente para o 27 de setembro de 2019. Porén, por mor dos tiroteos masivos de Dayton e El Paso en agosto de 2019, Universal Pictures decidiu adiar a estrea. The Hunt estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 13 de marzo de 2020. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e recadou 6 millóns de dólares. A limitada recadación foi atribuída á pandemia por coronavirus de 2019-2020, que provocou o peche mundial das salas de cinema. Universal fixo que o filme estivese dispoñible dixitalmente só unha semana despois da estrea nos cinemas.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Who's The Target In 'The Hunt' (2020)". Capt Cod Times. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "The Hunt (2020)". Box Office Mojo. Consultado o 18 de marzo de 2020. 
  3. The Hollywood Reporter, ed. (6 de agosto de 2019). "Ads Pulled for Gory Universal Thriller 'The Hunt' in Wake of Mass Shootings (Exclusive)". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  4. Masters, Kim (11 de febreiro de 2020). "'The Hunt' Is Back On: Universal Sets Release for Controversial Elites vs. "Deplorables" Satire (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar