The History of The Hobbit

libro sobre os escritos da novela O hobbit

The History of The Hobbit é un estudo de dous volumes de J. R. R. Tolkien sobre a novela de 1937 O hobbit. Foi publicado por HarperCollins en maio e xuño de 2007 no Reino Unido, e por Houghton Mifflin o 21 de setembro de 2007 nos Estados Unidos. O 26 de outubro de 2007 lanzouse unha caixa que combina O hobbit con The History of The Hobbit. Unha edición nun único volume foi publicada o 27 de outubro de 2011.

The History of The Hobbit
Título orixinalThe History of The Hobbit
Autor/aJ. R. R. Tolkien e John D. Rateliff
Ilustrador/aJ. R. R. Tolkien
CubertaJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónThe History of The Hobbit
Tema(s)Fantasía
Xénero(s)Fantasía e ensaio
Editorial HarperCollins
Houghton Mifflin Harcourt
Data de pub. 2007
FormatoTapas duras
Páxinas905
ISBNISBN 978-0-00-736966-9
EditorJohn D. Rateliff
editar datos en Wikidata ]

O obra, composta de dous volumes, contén os borradores inéditos de Tolkien sobre a novela, con comentarios de John D. Rateliff.[1] Tamén detalla as distintas revisións de Tolkien ao Hobbit, incluídas as revisións abandonadas para a terceira edición inédita da obra, prevista para 1960, así como mapas orixinais e ilustracións inéditas deseñadas polo propio Tolkien.[2]

  1. Bertenstam, Åke (1 de setembro de 2002) [1996]. "A chronological bibliography of the writings of J.R.R. Tolkien". 
  2. "History of the Hobbit: An essential resource book for the forthcoming movie adaptation of The Hobbit" (Nota de prensa). Tolkien Library. 13 de outubro de 2006.