Abrir o menú principal

The Hero with a Thousand Faces (en galego: O heroe das mil caras) é un libro publicado en 1949 polo mitógrafo estadounidense Joseph Campbell que trata o tema da viaxe do heroe, ou monomito, un padrón narrativo que se encontrou nas historias e lendas populares. Segundo Campbell, o heroe adoita pasar a través de ciclos ou aventuras similares en tódalas culturas, resumido na tríade; Separación - Iniciación - Retorno.[1] Considérase unha referencia obrigada para os realizadores cando filman unha película épica.[2][3][4]

The Hero with a Thousand Faces
Autor/aJoseph Campbell
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
Tema(s)Mitoloxía comparada
EditorialPantheon Books
Data de pub.1949
ISBN978-1-57731-593-3
Precedido porA Skeleton Key to Finnegans Wake (1944)
Seguido porThe Masks of God (1959)

TemáticaEditar

Joseph Campbell ó longo da obra sinalou as coincidencias entre diversos mitos, pasaxes relixiosas, lendas, tradicións e soños persoais de diversas culturas e épocas arredor do mundo. Propoñendo o termo monomito como estrutura mitolóxica universal, aplicou os principios da psicanálise como método de aproximación, principalmente o estudo dos símbolos e os arquetipos propostos por Carl Gustav Jung, para presentar as mitoloxías como unha manifestación da mente humana encamiñadas a representar e resolver algúns dilemas da especie.[1]

A aventura do heroeEditar

Campbell describiu a viaxe do heroe como un ciclo onde primeiro se abandona, se é atraído, arrastrado ou se avanza voluntariamente lonxe do fogar internándose nun mundo cheo de ameazas e probas; para o cal debe atravesar o primeiro limiar, onde pode encontrar unha «sombra», gardián, dragón ou un irmán que se lle opón e debe derrotar ou conciliar. Logo pode entrar vivo ou descender á morte nun reino de escuridade ou mundo de forzas pouco familiares, mais íntimas, algunhas das cales o ameazan. O heroe ten que resolver probas ou enigmas, en ocasións coa axuda ou guía dun mentor. Na cúspide da súa aventura preséntaselle unha proba suprema e recibe a súa recompensa, esta pode ser un matrimonio sagrado (que representa a resolución do complexo de Edipo), o recoñecemento do pai-creador, a propia divinización ou tamén, se as forzas permanecen hostís, o roubo do elixir (ou a súa desposada). Cara o final emprenderá o regreso, xa como emisario ou como fuxitivo. Ó chegar ó limiar do retorno, deixará atrás os seus rivais, emerxendo do reino da congoxa ou resucitando e traendo o don que restaurará o mundo.[1][5]

Os doce estadios da viaxe do heroeEditar

  1. Mundo ordinario: o mundo normal do heroe antes de que a historia empece.
  2. A chamada da aventura: ó heroe preséntaselle un problema, desafío ou aventura.
  3. Reticencia do heroe ou rexeitamento da chamada: o heroe refusa o desafío ou aventura, principalmente por medo ó cambio.
  4. Encontro co mentor ou axuda sobrenatural: o heroe encontra un mentor que fai que acepte a chamada ou o informa e adestra para a súa aventura ou desafío.
  5. Paso do primeiro limiar: o heroe abandona o mundo ordinario para entrar no mundo especial ou máxico.
  6. Probas, aliados e inimigos: o heroe enfróntase a probas, encontra aliados e confronta inimigos, de xeito que aprende as regras do mundo especial.
  7. Acercamento: o heroe ten éxitos durante as probas.
  8. Proba difícil ou traumática: a crise máis grande da aventura, de vida ou morte.
  9. Recompensa: o heroe enfrontouse á morte, sobreponse ó seu medo e agora gana unha recompensa.
  10. O camiño de volta: o heroe debe volver ó mundo ordinario.
  11. Resurrección do heroe: outra proba onde o heroe se enfronta á morte e debe usar todo o aprendido.
  12. Regreso co elixir: o heroe regresa á casa co elixir e úsao para axudar a todos no mundo ordinario.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Campbell, Joseph (2001). «El héroe de las mil caras: Psicoanálisis del mito». México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0422-9. 
  2. García, Gustavo (novembro de 2001). "El retorno de los brujos". «Letras Libres» (en castelán) (México). Ano III (35): 93–94. 
  3. Steve Persall (1999). "Move over, Odysseus, here comes Luke Skywalker" (en inglés). St. Petersburg Times. Consultado o 28-12-2018. 
  4. Kristen Brennan. "Joseph Campbell and the Hero's Journey". «Star Wars: Origins» (en inglés). Consultado o 28-12-2018. 
  5. García de Oro, Gabriel (2015). "El héroe de tu infancia". El País. Consultado o 28-12-2018.