Os secuestradores de burros

obra literaria de Gerald Durrell
(Redirección desde «The Donkey Rustlers»)

Os secuestradores de burros é unha novela en lingua inglesa de Gerald Durrell, publicada en 1968 por HarperCollins co título orixinal de The Donkey Rustlers.

Os secuestradores de burros
Título orixinalThe Donkey Rustlers
Autor/aGerald Durrell
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialHarperCollins
Data de pub.1968
TraduciónMoisés Barcia
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A familia Finchberry-White marcha de Inglaterra á illa grega de Melisa, á aldea de Kalanero, onde todos os habitantes os estiman. Os protagonistas son Amanda e David (os rapaces da familia) e o seu amigo Yani, un rapaz orfo da illa. O alcalde da aldea reclámalle a Yani uns cartos que lle prestara ao seu pai, baixo a ameaza de quedar coas terras que herdara. Coa colaboración de Coocos, un rapaz tatexo da illa, planean secuestrar os burros da aldea, que supoñen o único medio de transporte para a poboación.

Tras comprobar que os burros nadaban, levan de noite a unha pequena illa deserta os 19 burros da aldea. Nesa mesma noite, de lúa chea, deixan carteis que deixan ao pobo desconcertado. O alcalde di que o secuestro foi obra dos comunistas, e decide ir á vila da illa para pedir axuda á policía. O inspector chega con dous cans para buscar pistas, pero non atopan nada. O alcalde pídelle axuda ao pai de Amanda e David (coñecedor do secuestro de man de Coocos), e o inglés recoméndalle que pida unha recompensa a cambio de información (recompensa superior á cantidade debida por Yani ao alcalde). Os rapaces dinlle ao alcalde onde están os burros, e logo de que Amanda lle reclamase os cartos, o alcalde viuse obrigado a dárllelo.

Traducións editar

Foi traducido ao galego por Moisés Barcia, e editado por Sushi Books en 2019.[1]

Notas editar

  1. "Os secuestradores de burros". Sushi Books. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 06 de novembro de 2021.