The Dirtbombs
The Dirtbombs é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Detroit (Míchigan), que destaca por mesturar diversas influencias como punk rock e soul interpretadas cunha formación de dous baixos, dúas baterías e unha guitarra. The Dirtbombs formouna Mick Collins (da banda de garage punk The Gories) como un proxecto paralelo, comezando a gravar cancións en 1995.
The Dirtbombs | |
---|---|
Orixe | Detroit, Míchigan, |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | garage rock, rock and roll |
Selo(s) discográfico(s) | In the Red, In-Fidelity Recordings |
Membros | Mick Collins Ko Melina Pat Pantano Ben Blackwell |
Artistas relacionados | The Gories, The White Stripes, ADULT., Black Lips, Kelley Stoltz, The Terrible Twos, Dan Sartain |
Na rede | |
thedirtbombs.net | |
Discografía
editar- Horndog Fest - 1998 (In the Red)
- Ultraglide in Black - 2001 (In the Red)
- Dangerous Magical Noise - 2003 (In the Red)
- We Have You Surrounded - 2008 (In the Red)
- Party Store - 2011 (In the Red)