The Courtneys é unha banda canadense de indie rock formada en Vancouver no ano 2010. O grupo está composto por Sydney Koke (baixo e voces), Courtney Loove (guitarra e voces) e Jen Twynn Payne (batería e voces principais).

The Courtneys
OrixeVancouver, Canadá
Período2010-presente
Xénero(s)indie rock, indie pop
Selo(s) discográfico(s)Flying Nun, Burger, Hockey Dad, Gnar Tapes
MembrosSydney Koke
Courtney Loove
Jen Twynn Payne
Na rede
thecourtneys.bandcamp.com
Facebook: thecourtneys Twitter: 3courtneys Youtube: UC8zGZT7ziY8E5o4sxLGjuzw Bandcamp: thecourtneys Musicbrainz: 6d8eb24b-166c-4c26-bd14-92814e395901 Songkick: 4748353 Discogs: 3106173 Allmusic: mn0003158286 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Sydney Koke e Jen Twynn Payne coñecéronse en Calgary, a súa cidade natal, en 2007.[1][2] Tras converterse en compañeiras de piso, Twynn Payne comezou a aprender a tocar a batería co seu entón mozo Patrick Flegel.[3] Koke quedou impresionada coas súas habilidades e suxeríulle formar unha banda que se convertería en Puberty, un grupo de post-punk coa guitarrista Nicole Brunel.[4]

Puberty separouse cando Koke matriculouse nun programa de doutoramento en neurociencia na Universidade de Duke.[3] Twynn Payne trasladouse a Vancouver pouco despois para tocar a batería en Makeout Videotape. Twynn Payne e Loove coñecéronse e formaron un dúo de synth-pop chamado Girls in Love, que se disolveu rapidamente.[5][6] Koke deixou a universidade e mudouse a Vancouver para comezar unha nova banda con Twynn Payne, que suxeríu contratar a Loove como guitarrista. As tres ensaiaron xuntas durante un verán antes de que Loove se mudase Montreal por mor dun novo traballo. Tras o seu regreso oito meses despois[1] volvéronse máis serias, realizando o seu primeiro concerto oficial en 2011 como The Courtneys no Pat's Pub para a festa de aniversario dun amigo.[7][8] O nome do grupo e tanto unha homenaxe a Loove ("a membro máis modesta da banda")[9] como a un grupo de "rapazas xeniais" do colexio de primaria de Koke.[6]

O seu primeiro álbum, The Courtneys, ía ser un EP de catro cancións.[10] Foron máis rápido do previsto e gravaron máis material, completando a gravación, a mestura e a masterización en tres días. O disco foi editado a través do selo Hockey Dad Records en 2013 e a súa primeira edición esgotouse rapidamente.[11]

O segundo álbum, The Courtneys II, desenvolveuse durante os seguintes tres anos mentres a banda refinaba a súa forma de compoñer, revisando e refinando cancións a medida que exploraban "o que fai unha estrutura ideal dunha canción". A súa experimentación tamén afectou ao son do disco; audicionaron a seis enxeñeiros de mestura diferentes para o disco,[11] e instruíronos para que o fixesen soar "como Teenage Fanclub en Bandwagonesque".[5] O álbum foi loubado polo seu son; o editor de Rolling Stone Rob Sheffield nomeouno un dos seus mellores álbums de 2017.[12]

Courtney Garvin (o nome real de Loove) trasladouse aos Ánxeles ao redor do ano 2018 e alí formou un novo grupo, chamado Gum Country, co multiinstrumentista Connor Mayer. A banda lanzou o seu álbum de estrea, titulado Somewhere, en 2020.[13] Ese mesmo ano Garvin contraeu COVID-19 persistente e quedou incapacitada para traballar.[14]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
The Courtneys 2013 Hockey Dad Records
The Courtneys II 2017 Flying Nun Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rookie (2013-06-10). "Rookie » Nu Sundae". www.rookiemag.com (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  2. Bell, Steve. "Why Keeping Creativity Out Of The Studio Is The Best Thing For Everyone". themusic.com.au (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  3. 3,0 3,1 Carroll, Elle. "Lo-Fi Pop Act the Courtneys Survived Vancouver's Rocky DIY Scene". Westword (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  4. "Sudden changes - TheYYSCENE" (en inglés). 2009-05-07. Consultado o 2023-12-18. 
  5. 5,0 5,1 Barlow, Eve (2017-08-13). "The Courtneys Are Slackers Leading by Example". Vice (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  6. 6,0 6,1 "The Courtneys are Now the Cool Clique". CincyMusic. 2014-04-23. Consultado o 2023-12-18. 
  7. Worzalla, Wendy (2014-11-02). "The Courtneys". Eleven PDX (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  8. de Boer, Alex (2013-06-02). "The Courtneys". CiTR (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  9. Way, Mish (2013-05-16). "The Courtneys Belong in the Arms of Harrison Ford". Vice (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  10. Kloke, Joshua (2014-05-29). "Sydney Koke, bassist in fuzz-pop band the Courtneys - NOW Magazine". NOW Toronto (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  11. 11,0 11,1 "Interview: The Courtneys". www.coneysloft.com. Consultado o 2023-12-18. 
  12. Sheffield, Rob (2017-12-20). "Rob Sheffield on His Top 20 Albums of 2017". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  13. Minsker, Evan (2020-04-07). "The Courtneys’ Courtney Garvin Announces New Gum Country Album, Shares Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  14. "$62,000 and three years later: Long COVID continues to upend this California couple’s lives". Los Angeles Times (en inglés). 2023-04-15. Consultado o 2023-12-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar