The Children of Húrin

libro escrito por J. R. R. Tolkien e editado por Christopher Tolkien

The Children of Húrin é unha novela de fantasía épica e traxedia escrita por J. R. R. Tolkien. Escribiu a versión orixinal da historia a finais da década de 1910, revisouna varias veces despois, mais non a completou antes da súa morte en 1973. O seu fillo, Christopher Tolkien, editou o manuscrito para formar unha narrativa consistente, e publicouna en 2007 como un libro autónomo. O libro contén 33 ilustracións de Alan Lee, das cales oito están a páxina completa e a cor. A historia é un dos tres "grandes contos" ambientados na Primeira Idade da Terra Media de Tolkien, sendo os outros dous Beren and Lúthien e The Fall of Gondolin.[1]

The Children of Húrin
Alan Lee asinando exemplares do libro.
Título orixinalThe Children of Húrin
Autor/aJ. R. R. Tolkien
Ilustrador/aAlan Lee
CubertaAlan Lee
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Tema(s)Fantasía épica e traxedia
Xénero(s)Novela
Editorial HarperCollins
Data de pub. 16 de abril de 2007
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas320
ISBNISBN 978-0-618-89464-2
EditorChristopher Tolkien
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Húrin, un dos maiores guerreiros humanos das antigas eras, é aprisionado por Morgoth e maldicido por se rexeitar a traizoar aos elfos. Acorrentado de forma máxica a unha cadeira nun alto pico, é forzado cruelmente a asistir a todos os males que se abateran sobre a súa propia familia. O seu fillo, Túrin, fai xustiza á memoria do seu pai, mais ao longo das súas moitas batallas, traxedias marcan todas as súas accións e a todos os que o aman.

Notas editar

  1. J.R.R. Tolkien, Christopher Tolkien, editor, The Children of Húrin, p.10

Véxase tamén editar

Bibliografía editar