O gran Lebowski

filme de 1998 dirixido por Joel Coen e Ethan Coen
(Redirección desde «The Big Lebowski»)

O gran Lebowski (en inglés: The Big Lebowski) é un filme estadounidense escrito e dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1998. A historia do filme está ambientada a comezos dos anos 1990. Jeff Bridges interpreta a Jeff Lebowski, un desempregado preguiceiro dos Ánxeles alcumado "the Dude". Despois dunha confusión de identidade, the Dude é presentado a un millonario tamén chamado Jeffrey Lebowski. Cando a muller trofeo do Lebowski millonario é secuestrada, encárgalle a entrega do recate para asegurar a súa liberación. O plan vólvese en contra cando o seu amigo Walter Sobchak (John Goodman) fai por quedar co rescate completo. Julianne Moore, Steve Buscemi e John Turturro tamén son protagonistas no filme, xunto con Philip Seymour Hoffman, David Huddleston e Tara Reid en papeis secundarios. O filme ten unha narración no comezo e cara ao final realizada por un vaqueiro coñecido soamente como "The Stranger", interpretado por Sam Elliott.

O gran Lebowski
Ficha técnica
Título orixinalThe Big Lebowski
DirectorIrmáns Coen
ProdutorIrmáns Coen
Tim Bevan
Eric Fellner
GuiónIrmáns Coen
IntérpretesJeff Bridges
John Goodman
Steve Buscemi
Julianne Moore
John Turturro
MúsicaCarter Burwell
FotografíaRoger Deakins
MontaxeTricia Cooke
Roderick Jaynes
EstudioWorking Title Films
Bitter Creek Productions Inc
Polygram Filmed Entertainment
DistribuidoraPolyGram Filmed Entertainment
Gramercy Pictures
Estrea1998
Duración119 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$15 000 000[1]
Recadación$46 189 568
Na rede
IMDB: tt0118715 Filmaffinity: 237285 Allocine: 16463 Rottentomatoes: m/the_big_lebowski Mojo: biglebowski Allmovie: v158880 TCM: 442771 Metacritic: movie/the-big-lebowski TV.com: movies/the-big-lebowski Netlix: 1181532Editar o valor em Wikidata

Está vagamente inspirado na obra de Raymond Chandler. Joel Coen declarou: "Queriamos facer unha especie de historia de Chandler - segundo como se move de forma episódica, e como trata sobre os personaxes que intentan desvelar un misterio, así como ter unha trama irremediablemente complexa que é, en definitiva pouco importante."[2] A banda sonora orixinal foi composta por Carter Burwell, un colaborador habitual dos Irmáns Coen.

A recadación de O gran Lebowski foi decepcionante nos Estados Unidos, e recibiu críticas diversas na súa estrea. Co tempo, os comentarios do filme tenderon a ser positivos, e ó cabo converteuse nun filme de culto,[3] caracterizado polos seus idiosincráticos personaxes, as secuencias de soños, o diálogo pouco convencional e a banda sonora ecléctica.[4]

Estreouse en galego o 8 de novembro de 2003 a través da TVG.[5] A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse editar

The Dude (Jeff Bridges), un vago que vive na cidade dos Ánxeles, un día é confundido por un par de matóns co millonario Jeff Lebowski, con quen só comparte apelido. Tras recibir unha malleira, inicia a busca do Gran Lebowski. Do seu encontro xurdirá un trato: The Dude recibirá unha recompensa se consegue atopar á muller do magnate.

Personaxes editar

Música editar

Entre as cancións que soan na película, están unha versión feita por Gipsy Kings do tema de The Eagles "Hotel California".

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Stone, Doug (9 de marzo de 1998). "The Coens Speak (Reluctantly)" (en inglés). Indie Wire. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  3. Tobias, Scott. "The New Cult Canon – The Big Lebowski" (en inglés). AV Club. Consultado o 20 de Abril de 2011. 
  4. Russell, Will (15 de agosto de 2007). "The Big Lebowski: Hey Dude". The Independent (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  5. La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003. Páx. 70
  6. "O gran Lebowski na TVG". TVG. 23 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.