The Batman (filme)
The Batman é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Matt Reeves, quen tamén escribiu o guión xunto con Peter Craig. É un filme de superheroes baseado no personaxe de DC Comics Batman. Producido por Warner Bros. Pictures, DC Films, 6th & Idaho e Dylan Clark Productions, foi distribuíudo por Warner Bros. Pictures, sendo un "reboot" da franquía cinematográfica de Batman. Está protagonizado por Robert Pattinson como Bruce Wayne / Batman, xunto con Zoë Kravitz, Paul Dano, Jeffrey Wright, John Turturro, Peter Sarsgaard, Andy Serkis e Colin Farrell. Conta a historia de como Batman, que leva dous anos loitando contra o crime en Gotham City, descobre a corrupción mentres persegue a Riddler (Dano), un asasino en serie que ten como obxectivo a elite de Gotham.
The Batman | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Batman |
Director | Matt Reeves |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de DC |
Intérpretes | |
Música | Michael Giacchino |
Fotografía | Greig Fraser |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Lincoln Center: 1 de marzo de 2022 4 de marzo de 2022 |
Duración | 176 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción e superheroes |
Orzamento | 185–200 millóns de dólares |
Recadación | 752,4 millóns de dólares |
Na rede | |
https://www.thebatman.com | |
|
Personaxes
editar- Robert Pattinson como Bruce Wayne / Batman
- Zoë Kravitz como Selina Kyle / Catwoman
- Paul Dano como Edward Nashton / Riddler
- Jeffrey Wright como James Gordon
- John Turturro como Carmine Falcone
- Peter Sarsgaard como Gil Colson
- Andy Serkis como Alfred Pennyworth
- Colin Farrell como Oswald "Oz" Cobblepot / Penguin
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Batman (2022)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 11 de abril de 2022.
- ↑ "The Batman (15)". British Board of Film Classification. 2 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022.