Abrir o menú principal

The Associate (novela)

Novela de John Grisham

The Associate é unha novela de thriller legal escrita por John Grisham. A súa novela número vinte e un, foi publicada por Doubleday nos Estados Unidos o 27 de xaneiro de 2009.

The Associate
Autor/aJohn Grisham
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Thriller
EditorialFlag of the United States.svg Doubleday
Data de pub.Flag of the United States.svg 27 de xaneiro de 2009
FormatoTapas duras
Páxinas384
ISBNISBN 978-0-385-51783-6
Precedido porThe Appeal
Seguido porFord County

ArgumentoEditar

Kyle McAvoy medrou no pequeno estudio do seu pai, na tranquila cidade de York, Pensilvania. Sacou excelentes notas durante toda a carreira de Dereito e foi elixido editor xefe do "Yale Law Journal". Agardáballe un brillante futuro profesional, pero Kyle tamén ten un segredo, un episodio da súa vida de estudante que lle gustaría esquecer. Un segredo que acaba en mans de xente que o chantaxea para que acepte un posto que non lle gusta, aínda que se trate dun traballo que faría soñar á maioría dos profesionais da súa idade.