The 5.6.7.8's

The 5.6.7.8’s é un trío de mulleres xaponesas que tocan Garage rock, e a súa música ten reminiscencias da música surf americana. Todos os membro do grupo son de Toquio, Xapón. O grupo se chama así porque elas tocan música con reminiscencias do rock dos anos 50, 60, 70 e 80. Frecuentemente interpretan cancións do rock and roll americano.

The 5,6,7,8's
The 5.6.7.8's Lille 2004-29-05.jpg
Concerto en Lille, maio de 2004
OrixeToquio, Xapón Flag of Japan.svg
Período1986 - actualidade
Xénero(s)garage punk garage rock, surf rock, rockabilly
Selo(s) discográfico(s)Rockville, SFT, Au-Go-Go, Bomba, Hara, Third Man Records
Membros
  • Yoshiko Fujiyama
  • Sachiko Fujii
  • Akiko Omo
  • Yoshiko Yamaguchi
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm2563129 Facebook: 277355125413 Twitter: the_5678s MySpace: ronnie5678s Last fm: The+5.6.7.8's Musicbrainz: c7caf86a-cf4d-41d3-b68a-eaeab80da4b8 Songkick: 207849 Discogs: 303075 Allmusic: mn0000919774 Deezer: 4427 Editar o valor em Wikidata

The 5.6.7.8’s comezaron actuando como un cuarteto en Tokío e foron recrutando moitos intérpretes invitados durante a súa xira por Australia, onde incluso recrutaron a un membro home, "Eddie". Convertéronse oficialmente nun trío en 1992.

The 5.6.7.8’s fixeron unha breve aparición no filme de 2003 de Quentin Tarantino "Kill Bill Volume 1", onde se lles ve tocando descalzas nunha izakaya.

MembrosEditar

The 5.6.7.8’s foi formada en 1986 por Sachiko e Yoshiko “Ronnie” Fujiyama, dúas irmás de Toquio que compartían a paixón polo rock and roll e outros dous membros. Orixinalmente, a banda consistía en Yoshiko como cantante e guitarra, "Rico" na segunda guitarra, "Yoshie" no baixo e Sachiko na batería. Despois de varios cambios na formación (incluíndo o baixista Yoshiko Yamaguchi, quen aparece no filme "Kill Bill"), a banda converteuse nun trío trala saída de Rico e Yoshie. Yoshiko e Sachiko son aínda os principais compoñentes da banda, e agora Akiko Omo reincorporase a banda como baixista (orixinalmente uniuse a The 5.6.7.8’s a principios de 1990).

Aínda que o grupo canta a maioría das súas canción en xaponés, fan moitas versións de cancións de rock and roll americano. Porén, a súa páxina oficial e a maioría das páxinas de fans son en xaponés, xa que teñen un grande numero de seguidores en Xapón e teñen incontables concertos no seu pais de orixe.

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo
Golden Hits Of The 5.6.7.8's 1988 -
Can't Help It! 1991 Rockville
The 5.6.7.8's 1994 Time Bomb
Bomb The Twist 1996 Time Bomb
Pin Heel Stomp 1997 Bounce
Teenage Mojo Workout 2002 Time Bomb
Bomb The Rocks: Early Days Singles 2003 Zakat, Sweet Nothing Records
Live at Third Man Records 2011 Third Man Records
Tanukigoten 2014 Time Bomb
Best Hits Of The 5.6.7.8's 2019 -

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar