Taumarqueotas

(Redirección desde «Thaumarchaeota»)
Taumarqueotas
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: "Thaumarchaeota"
Filo: "Thaumarchaeota" Brochier-Armanet et al. 2008
Orde
Sinonimia

Nitrososphaerota Brochier-Armanet et al. 2021[1]

Os taumarqueotas ou Thaumarchaeota (en grego "arqueas marabillosas") son un novo filo recentemente proposto de Archaea, que comprende só catro especies: Nitrosopumilus maritimus, Cenarchaeum symbiosum, Nitrososphaera viennensis,[2] e Nitrososphaera gargensis (e hai varias especies máis propostas para ser incluídas no grupo).[3] Todos os organismos deste grupo descubertos ata agora son oxidadores de amoníaco quimiolitoautótrofos e crese que poden desempeñar un importante papel nos ciclos bioxeoquímicos como o ciclo do nitróxeno e o do carbono.

O filum foi proposto en 2008 baseándose en datos filoxenéticos, como as secuencias dos xenes dos ARN ribosómicos destes organismos, e a presenza dunha forma de topoisomerase de tipo I que se pensaba que só existía en eucariotas.[3][4] Esta asignación foi confirmada por posteriores análises publicadas en 2010 que examinaron os xenomas das arqueas oxidadoras de amoníaco Nitrosopumilus maritimus e Nitrososphaera gargensis, que concluíron que estas especies formaban unha liñaxe distinta, que incluía tamén a Cenarchaeum symbiosum, que foi o primeiro membro dos que hoxe son Thaumarchaeota que foi descrito.[5]

O Cenarchaeum symbiosum (orde Cenarchaeales) atopouse vivindo en simbiose cunha esponxa mariña. Esta especie pensábase que estaba emparentada con especies de Crenarchaeota non termofílicas que habitan en diversos ambientes terrestres e mariños. Agora inclúese en Thaumarchaeota. Esta especie crece ben a 10 °C.[6]

En 2005, publicáronse as evidencias do cultivo de Nitrosopumilus maritimus, que é un organismo que oxida o amoníaco illado dun tanque dun acuario mariño, que crece a 28 °C.[7][8] Pensouse inicialmente que era un Crenarchaeota "de baixa temperatura".

  1. Oren A, Garrity GM (2021). "Valid publication of the names of forty-two phyla of prokaryotes". Int J Syst Evol Microbiol 71 (10): 5056. PMID 34694987. doi:10.1099/ijsem.0.005056. 
  2. Tourna, Maria; Stieglmeier, Michaela; Spang, Anja; Könneke, Martin; Schintlmeister, Arno; Urich, Tim; Engel, Marion; Schloter, Michael; Wagner, Michael (2011). "Nitrososphaera viennensis, an ammonia oxidizing archaeon from soil". Proceedings of the National Academy of Sciences 108 (20): 8420–5. PMC 3100973. PMID 21525411. doi:10.1073/pnas.1013488108. 
  3. 3,0 3,1 Brochier-Armanet, Céline; Boussau, Bastien; Gribaldo, Simonetta; Forterre, Patrick (2008). "Mesophilic crenarchaeota: Proposal for a third archaeal phylum, the Thaumarchaeota". Nature Reviews Microbiology 6 (3): 245–52. PMID 18274537. doi:10.1038/nrmicro1852. 
  4. Brochier-Armanet, Céline; Gribaldo, Simonetta; Forterre, Patrick (2008). "A DNA topoisomerase IB in Thaumarchaeota testifies for the presence of this enzyme in the last common ancestor of Archaea and Eucarya". Biology Direct 3: 54. PMC 2621148. PMID 19105819. doi:10.1186/1745-6150-3-54. 
  5. Spang, Anja; Hatzenpichler, Roland; Brochier-Armanet, Céline; Rattei, Thomas; Tischler, Patrick; Spieck, Eva; Streit, Wolfgang; Stahl, David A.; Wagner, Michael (2010). "Distinct gene set in two different lineages of ammonia-oxidizing archaea supports the phylum Thaumarchaeota". Trends in Microbiology 18 (8): 331–40. PMID 20598889. doi:10.1016/j.tim.2010.06.003. 
  6. C.M. Preston, K.Y Wu, T.F. Molinskidagger and E.F. DeLong (1996). "A psychrophilic crenarchaeon inhabits a marine sponge: Cenarchaeum symbiosum gen. nov., sp. nov.". Proceedings of the National Academy of de Sciences of United States of America 93 (13): 6241–6246. 
  7. Könneke M, Bernhard AE, de la Torre JR, Walker CB, Waterbury JB, Stahl DA (2005). "Isolation of an autotrophic ammonia-oxidizing marine archaeon". Nature 437 (7058): 543–6. Bibcode:2005Natur.437..543K. PMID 16177789. doi:10.1038/nature03911. 
  8. Ingalls AE, Shah SR, Hansman RL, Aluwihare LI, Santos GM, Druffel ER, Pearson A (2006). "From the Cover: Quantifying archaeal community autotrophy in the mesopelagic ocean using natural radiocarbon". Proc Natl Acad Sci U S A 103 (17): 6442–7. PMID 16614070 abstract.