Thanatos (videoxogo)

Thanatos é un videoxogo de acción desenvolvido por Durell Software para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum en 1986.

Thanatos
Desenvolvedor(es)Durell Software
Distribuidora(s)Durell Software
Deseñador(es)Mike Richardson
Compositor(es)Julian Breeze (canción orixinal de AY-3-8910)
Rob Hubbard (arranxo para Commodore 64)
LanzamentoZX Spectrum
outubro de 1986
Amstrad CPC
novembro de 1986
Commodore 64
decembro de 1986[1]
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)ZX Spectrum, Commodore 64, Amstrad CPC
editar datos en Wikidata ]

Sinopse

editar

O dragón Thanatos esperta tras séculos durmido, quizais lembrando o seu pasado cando ós vinte anos un feitizo dun bruxo maligno fixo que pasara de príncipe a dragón. Para recuperar a súa forma pasada precisaba que unha rapaza loira recollera os elementos dun conxuro, os labregos da aldea da contorna do antigo castelo non queren colaborar e deciden enfrontarse ó dragón e este decide arrasar a aldea.

Acollida

editar
Recepción
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Crash93% (Spectrum)[2]
Your Sinclair9/10 (Spectrum)[3]
Computer & Video Games8/10 (Spectrum)[4]
Sinclair User      (Spectrum)[5]

Thanatos foi aclamado pola crítica. A versión ZX Spectrum foi "Pick of the Week" de Popular Computing Weekly',[6] e recibiu o premio "CRASH Smash" da revista Crash,[2] un premio "Megagame" de Your Sinclair,[3] 4 de 5 estrelas de Sinclair User,[5] e 8 de cada 10 de Computer & Video Games.[4]

O tamaño do protagonista destacou nestas críticas, xa que o dragón ocupa un terzo da lonxitude da pantalla. Sobre a animación do dragón, Jim Douglas comentou que "os gráficos realmente cobran vida cando ves o dragón voando sobre a paisaxe. As ás baten con efectos de son soberbiamente convincentes, e o dragón tamén move a cabeza".[5] Crash opinou "o movemento do dragón principal é moi suave e realista"[2] e C&VG descubriron que Thanatos "é un personaxe grande e ben animado que realiza xiros e aterraxes ordenados baixo petición".[4] Tamén se eloxiou o fondo de scrolling parallax, así como a atmosfera xeral e a satisfacción de controlar unha criatura tradicionalmente malvado. Houbo pequenas críticas; Crash considerou que Thanatos era "un pouco difícil"[2] e PCW concluíu "Non estou 100% seguro de que te manteña enganchado durante semanas".[6]

  1. "Thanatos Magazine Advertisement". Crash (Newsfield) (35): 142. decembro de 1986. ISSN 0954-8661. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Thanatos". Crash (Newsfield) (35): 152–153. decembro de 1986. ISSN 0954-8661. 
  3. 3,0 3,1 South, Phil (decembro de 1986). "Screen Shots: Thanatos". Your Sinclair (Sportscene Specialist Press) (13): 85. ISSN 0269-6983. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Metcalfe, Tim (xaneiro de 1987). "C+VG Reviews: Thanatos". Computer & Video Games (63): 21. ISSN 0261-3697. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Douglas, Jim (decembro de 1986). "Arcade Review: Thanatos". Sinclair User (EMAP Business & Computer Publications) (57). ISSN 0262-5458. 
  6. 6,0 6,1 Cook, John (outubro de 1986). "New Releases: Fantastic Adventure from Durell". Popular Computing Weekly (Sunshine Publications) 5 (43): 44–45. ISSN 0265-0509. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar