Thais Villas Aribau, nada o 1 de xaneiro de 1976 en Fraga, Huesca, é unha xornalista aragonesa principalmente coñecida por traballar como colaboradora no programa El Intermedio da cadea laSexta.

Thais Villas
Nome completoThais Villas Aribau
Nacemento2 de outubro de 1974
Lugar de nacementoFraga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
CónxuxeÒscar Dalmau Alcaine
Na rede
Twitter: thatavillas Instagram: thaisvillasb Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Comunicación Audiovisual, Thais traballou como redactora, produtora e presentadora en diversos medios como El programa de Ana Rosa (Telecinco), Abierto por la mañana (Telemadrid), 4 i acció (TVE en Cataluña) ou Última sessió (BTV). Na radio colaborou en Punto Radio, COM Ràdio, RAC 1 e Catalunya Ràdio. Tamén traballou para Marie Claire.

Dende 2006 ata a actualidade colabora como reporteira no programa de laSexta El Intermedio xunto con El Gran Wyoming.