Teberga

concello de Asturias
(Redirixido desde "Teverga")

Coordenadas: 43°9′N 6°6′O / 43.150, -6.100

Teberga (en castelán: Teverga) é un concello do sur do Principado de Asturias, en España.

Teberga
Flag of teverga.png
Escudo de Teverga.svg
Aytoteverga.jpg
Casa do concello.
Localización
Teberga Asturies map.svg
PaísEspaña
Comunidade AutónomaFlag of Asturias.svg Asturias
ComarcaOviedo
Partido xudicialGrau
Xeografía
Superficie168,86 km²
Demografía
Poboación1.933 hab. (2009)
Densidade11,47 hab./km²
Xentiliciotevergano
Outros datos
Código postal33111
AlcaldeMaría Carmen Fernández Alonso (PSOE)
http://www.aytoteverga.org/

Limita ao norte con Belmonte de Miranda, Grau, Yernes y Tameza e Proaza; ao sur coa provincia de León, ao oeste con Somiedo e ao leste con Quirós e Proaza.

Antigo concello mineiro, actualmente basea a súa economía na agricultura e no emerxente turismo, sobre todo coa recente inauguración do Parque da Prehistoria en terras teverganas. Na súa accidentada xeografía destacan a pena Sobia cunhas impresionantes paredes verticais de pedra calcaria e o Camín Real del Puerto de la Mesa.

ParroquiasEditar

O concello de Teberga está dividido en 13 parroquias:

  • Alesga
  • Barriu
  • Carrea
  • La Foceiḷḷa
  • La Plaza
  • Parmu
  • Rieḷḷu
  • Santianes
  • Taxa
  • Torce
  • Urria
  • Viḷḷamayor
  • Viḷḷanueva

DemografíaEditar

Gráfica de poboación
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España - Elaboración gráfica por Wikipedia

Sitios de intereseEditar

Colexiata de San PedroEditar

 
Colexiata de San Pedro.

Dentro de todas as obras arquitectónicas do concello, a de maior repercusión é a antiga Colexiata de San Pedro de Teberga. Foi construída antes do ano 1096, e o seu estilo pertence a unha etapa de transición entre o ramirense e o románico de Castela. Posúe un gran patio central, a cuxos lados podemos divisar a casa abacial, a igrexa parroquial, a sancristía e sobre esta a sala capitular. A fachada presenta unha torre campanario cun reloxo. A súa construción está realizada en cantería, e no seu interior gárdanse embalsamados os corpos de Pedro Analso de Miranda, Abade da Colexiata e do seu pai o Primeiro Marqués de Valdecarzana. Tamén sobresae a súa escultura cun importante conxunto de modillóns e unha fermosa decoración de capiteis.

Parque da PrehistoriaEditar

 
Área de recepción do Parque.

O parque da prehistoria de Teberga está situado á entrada da localidade asturiana de San Salvador de Alesga no concello de Teberga.

Este parque inaugurado o 24 de marzo de 2007 é unha representación das covas máis famosas de arte rupestre do mundo, centrado sobre todo no arco atlántico. Están representadas Altamira, Covalanas, Lascaux, Niaux, Chauvet, Tito Bustillo, Candamo, Covaciella e Llonín.

O parque posúe dúas áreas expositivas: A galería e a Cova de Cuevas. Ambas as instalacións, así como a zona de servizos, que consta de cafetería e tenda, están integradas na paisaxe natural e delas só sobresaen no relevo as entradas, quedando o resto de cada unha das instalacións baixo terra.

Este Parque da Prehistoria de Teberga, representa xunto ao Museo Jurásico de Asturias (MUJA) o expoñente dos novos museos asturianos: modernos, interactivos, dinámicos, enmarcados en paraxes rurais de gran beleza natural, con facilidade de accesos e instalacións suficientes para responderen ás necesidades dos visitantes.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar