Tetraterpeno

(Redirección desde «Tetraterpenoide»)

Os tetraterpenos son terpenos formados por oito unidades de isopreno (ou catro monoterpenos) e coa fórmula molecular C40H64.[1] Os tetraterpenoides (entre os que están moitos carotenoides) son tetraterpenos que foron modificados quimicamente, e conteñen grupos funcionais con oxíxeno.

Estrutura química da criptoxantina, un tetraterpenoide de cor amarela do tipo das xantofilas.

O fitoeno biosintetízase por condensación cabeza con cabeza de dúas moléculas de xeranilxeranil pirofosfato (GGPP).[2] Un grupo de tetraterpenos e probablemente o máis estudado, é o dos pigmentos carotenoides. Os carotenoides teñen improtantes funcións biolóxicas, como a captación da luz para a fotosíntese, actividades antioxidantes e protección contra os radicais libres, síntese de hormonas de plantas e como compoñentes estruturais das membranas. Xunto coa súa relevancia biolóxica, os carotenoides son tamñen compostos de alto valor para as industrias alimenticia e farmacéutica. Os carotenoides son biosintetizados por organismos fotosintéticos e non fotosintéticos; porén, nos organismos fotosintéticos, son compoñentes esenciais como pigmentos accesorios dos centros de reacción captadores de luz dos fotosistemas.[3][4][5] As xantofilas son outro grupo de pigmentos tetraterpenos amplamente distribuídos na natureza.

Notas editar

  1. Davis, Edward M.; Croteau, Rodney (2000). Cyclization enzymes in the biosynthesis of monoterpenes, sesquiterpenes, and diterpenes. Topics in Current Chemistry 209. pp. 53–95. ISBN 978-3-540-66573-1. doi:10.1007/3-540-48146-X_2. 
  2. Umeno D, Tobias AV, Arnold FH (December 2002). "Evolution of the C30 carotenoid synthase CrtM for function in a C40 pathway". Journal of Bacteriology 184 (23): 6690–9. PMC 135437. PMID 12426357. doi:10.1128/JB.184.23.6690-6699.2002. 
  3. Domonkos I, Kis M, Gombos Z, Ughy B (October 2013). "Carotenoids, versatile components of oxygenic photosynthesis". Progress in Lipid Research 52 (4): 539–61. PMID 23896007. doi:10.1016/j.plipres.2013.07.001. 
  4. Havaux M (April 1998). "Carotenoids as membrane stabilizers in chloroplasts". Trends in Plant Science 3 (4): 147–151. doi:10.1016/s1360-1385(98)01200-x. 
  5. Sozer O, Komenda J, Ughy B, Domonkos I, Laczkó-Dobos H, Malec P, Gombos Z, Kis M (May 2010). "Involvement of carotenoids in the synthesis and assembly of protein subunits of photosynthetic reaction centers of Synechocystis sp. PCC 6803". Plant & Cell Physiology 51 (5): 823–35. PMID 20231245. doi:10.1093/pcp/pcq031. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.